xuño de 2011
 
 

13/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

'Doutrina do shock', capítulo terceiro

"A festa rematou para familias, empresas e autónomos, pero as administracións públicas seguen malgastando. " -Javier Areas, presidente do PP de Andalucía-

 

  • Noticias relacionadas

 

Fago reconto do lido e oído estes días a conta do estado en que estarían as administracións públicas: quebra, non pagamento, endebedamento, burato oculto, exceso de funcionarios, contratados a dedo, empresas públicas ruinosas, ineficacia, contas falseadas. Todo o que o PP espera encontrar alí onde goberne. Dio de Castela-A Mancha, anticípao Arenas para cando gañe en Andalucía, e previsiblemente será o discurso con que se estree Rajoy na Moncloa.
 
Non dubido de que a situación das finanzas públicas sexa calamitosa: por mala xestión, si, pero tamén pola crise, que a agravou coa caída dos ingresos e o parón económico.
 
Agora ben: se o público está mal, que hai que facer? Pedir contas aos seus responsables, ou desmontalo todo? Dígoo porque entre tanto ruído sobre a súa "insostibilidade" vexo vir o seguinte capítulo da 'doutrina do shock': tras os dereitos dos traballadores (que tamén eran insostibles coa crise) e o Estado de Benestar (de súpeto insostible), o seguinte bocado poden ser as administracións e servizos públicos en conxunto, por insostibles. Por aí apuntan a dereita, os "expertos", o FMI e Europa.
 
Díxoo Gallardón hai dous días: "o público ten que saber dar un paso intelixente cara a atrás". E a iso apunta o desprestixio do público, vinculado máis que nunca a mala xestión, dilapidación e ruína. O remedio? Privatizacións, menor gasto, mingua do Estado en todas as frontes. Nada de mellorar o que estea mal. Cirurxía de choque, amputación.
 
Claro que, postos a falar de mala xestión, ruína e contas ocultas, aí está o sector financeiro. Pero xa ven a diferenza: se o Estado (central ou autonómico) funciona mal, maquilla as súas contas e se endebeda ata as cellas, hai que liquidalo. En cambio se os bancos, axencias e mercados enganan, especulan, estafan, burbullan e causan ruína propia e allea, bótaselles unha man, dáse un tironcillo de orellas aos seus responsables (pero sen pasarse), e a seguir como se nada, que un mal día o ten calquera.
 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript