13/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Toma a rúa outra vez
19 de xuño, 19 horas
TODAS AS RÚAS E PRAZAS DO ESTADO E EUROPA
NON AO PACTO DO EURO: Non somos mercadoría
en mans de políticos e banqueiros
O Pacto do euro: Novo atentado á democracia
UNHA VEZ MÁIS
UNHA VEZ MÁIS, os
gobernantes europeos fan súa unha política enganosa
para o cidadán para beneficiar ás grandes
corporacións financeiras e non defender a
cidadanía.
O próximo 27 de xuño, todos os gobernos europeos,
entre eles o Estado español, asinan en Bruxelas o
grande atraco socioeconómico de alcance
internacional: o chamado Pacto do Euro, polo cal os
políticos da Unión Europea se poñen de acordo para
lexislar ás ordes do Fondo Monetario Internacional
(FMI), Banco Central Europeo (BCE) e o Banco
Mundial (BM).
En caso de non cumprir estas ordes, as axencias de
cualificación que levaron a Grecia, Irlanda ou
Portugal á ruína (Moody ´ s, Estándar & Poor ´ s ou
Fitch) comezarán de novo os seus ataques.
Que se asina cando se ratifica o Pacto do Euro?
-Os salarios do sector público deberán estar en
consonancia coa competitividade do sector privado,
É DICIR: novos recortes ao sector público
que debe ofrecer os mesmos beneficios que os
salarios irrisorios do sector privado e o aumento
das xornadas laborais. Incluída a diminución
notable dos empregados públicos.
-Para iso, todos os países deberán axustar as súas
leis ao que diten os bancos, É DICIR: unha
vez máis os países non lexislarán a favor da
protección e dos intereses do cidadán e si o farán
a favor das grandes corporacións bancarias e os
mercados.
-Atrasaranse as idades de xubilación en todos os
países acorde coa esperanza de vida.
-Fomento da competitividade: vincular os salarios
coa produtividade, tal e como empezou a conseguir
xa no Estado español a última reforma laboral que
avoga por flexibilizar os despedimentos, convenios
e contratos, desta forma ponse en perigo o actual
sistema de negociación colectiva.
-Impulsar o despido barato e as Empresas de
Traballo Temporal (ETT). Os bancos rebaixarán a
fiscalidade para incentivar a contratación dos
traballadores, deste xeito irase demolendo o
sistema da Seguridade Social e irase introducindo a
figura do "bolseiro e do precario perpetuo".
- Conxelación de todas as pensións.
-Redución de axudas sociais.
-Redución dos sistemas de protección social
empeorando a Seguridade Social.
-Redución do gasto en educación pública de forma
que, empeorándoa, se promova e se favoreza a súa
privatización.
-Aumento de impostos directos e indirectos á
cidadanía e á PEME e penalización en caso de non
cumprir co pagamento destes impostos a través de
multas, intereses, comisións, etc. -Cambios na nosa
constitución e na dos países asinantes co fin de
"axustar a economía segundo os parámetros do FMI,
BCE e Banco Mundial" coa conseguinte perda da
soberanía dos pobos
UNHA VEZ MÁIS, os gobernos non utilizan o
poder político para lexislar e frear os
provocadores da crise como a banca internacional e
os grandes fondos especulativos, por exemplo,
intervindo ás corporacións financeiras, senón que
ademais coa firma do Pacto do Euro reforzarán ás
grandes corporacións financeiras e adoptarán
políticas que interesan á banca e ás grandes
empresas europeas. Como non tiñamos bastante, todos
os gobernos independentemente da súa cor política,
asinan para comprometerse coas grandes corporacións
financeiras e sacrificar, así, os cidadáns
permitindo UNHA VEZ MÁIS que os financeiros
sigan estafando ao mundo utilizando produtos
financeiros tan sofisticados como arriscados e
fraudulentos, permitindo a usura bancaria.
Baixo o engano de facer fronte á débeda que atenaza
a Europa é preciso aumentar a competitividade das
economías nacionais e que iso só se pode conseguir
reducindo o custo do traballo... UNHA VEZ MÁIS
Segue sen falarse de intervir aos paraísos fiscais
onde descansan as grandes fortunas e facer leis
contra a evasión fiscal. Segue sen falarse de poñer
impostos ás transaccións financeiras, regular as
axencias de cualificación, etc. Sigue sen falarse
de medidas contra o paro e a favor do benestar
social.
Segue sen formularse unha auditoría pública e
independente sobre a débeda para os efectos de que
a cidadanía poida saber que é realmente a débeda
pública e cal é a que realmente corresponde aos
bancos e aos fondos de investimento privados que
segundo os datos que temos é a maioría da DÉBEDA.
UNHA VEZ MÁIS, sérvennos en bandexa o
empobrecemento da sociedade en beneficio de ampliar
as grandes fortunas e acentuar a brecha social.
Desa forma, ampliarase así, UNHA VEZ MÁIS, o
récord histórico do beneficio das grandes
corporacións financeiras, aumentarase o récord
histórico dos salarios dos conselleiros delegados e
executivos e con iso alcanzaremos récords
históricos de pobreza e paro.
A dificultade de acceder a esta información débese
á falta de transparencia das políticas e ao temor a
que toda Europa tome a rúa.
HAI RAZÓNS, UNHA VEZ MÁIS, TOMA A RÚA
A Coruña: Praza de
Ourense ás 19:00 horas.
Ferrol: Praza de
Armas (Nova Praza do 15 de Maio) ás 20:00 horas
Cando saibamos máis citas transmitirémolas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript