Número 87 - 13 de xuño de 2011
 
 
ÚLTIMA HORA - A XUNTA PRIVATIZA A RESIDENCIA UNIVERSITARIA

    Era previsible e advertímolo. A política privatizadora da Xunta non ía parar nos hospitais, centros de saúde…, se non se lle poñía freo acabaría por afectar a todos os sectores da administración. A Universidade pensou que con reclamacións, escritos, comunicados, resolucións... a Xunta “recapacitaría”, demostrouse que non. Non nos queda máis remedio que dar un paso adiante e iniciar as medidas de presión que xa se tiñan que ter activado fai tempo.

ÚLTIMA HORA - A XUNTA PRIVATIZA A RESIDENCIA UNIVERSITARIA
REFORMA LAVORAL - NOVO CAPÍTULO

    O Consello de Ministros do venres 10 tomou dúas novas medidas absolutamente contrarias aos intereses das traballadoras e traballadores.
     
    Endureceu a reforma laboral ao permitir por decreto o despedimentos a través dos ERE aínda que as perdas previstas sexan transitorias.
     
    Aprobou, tamén, por decreto a reforma da negociación colectiva que vai polo camiño de atacar salarios, destruír os convenios e desactivar a acción colectiva dos e das traballadoras

UNIVERSIDADES

    Os recursos que as administracións públicas destinan á universidade recortáronse nuns 300 millóns de euros no último ano, o que representa un 5 por cento do financiamento total, segundo explica un documento da Conferencia de Reitores (CRUE).

POLÍTICOS

    Desde logo non é de estrañar que os políticos actuais sexan para a cidadanía, segundo as enquisas, un dos maiores problemas
     
    Un insulto máis da clase política que, en momentos de crise, sen escrúpulo ningún adopta radicais medidas contra os traballadores/as precarizando sen piedade millóns e millóns de vidas mentres que eles viven nun estado absolutamente paradisíaco.

CRISE

    A Comisión Europea pediu ao Goberno do estado que durante o próximo ano reduza as cotizacións sociais dos traballadores para diminuír os custos salariais, e que, entre outras medidas, compense a redución de ingresos con aumentos do IVE e dos impostos sobre a enerxía.

OPINIÓN

    Se le con atención o programa Padre para a declaración da Renda vaise encontrar cun apartado chamado: "Institucións de Investimento Colectivo en paraísos fiscais".

NUCLEARES

    A catástrofe nuclear en Xapón continúa, mentres o Goberno xaponés renuncia á posta en marcha de 14 nucleares e xorde unha oposición ao nuclear.
     
    O 11 de marzo Xapón sufriu un potente terremoto de magnitude 9 na escala Rihchter, seguido dun enorme tsunami. O seu efecto combinado ocasionou a perda de subministración eléctrica na central nuclear de Fukushima, e iso conduciu inevitablemente a que se producise o accidente nuclear máis grave, xunto co de Chernóbil, da historia da industria nuclear (ambos os dous clasificados como nivel 7, o máximo dentro da Escala Internacional de Sucesos Nucleares, INES)..

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    O director xeral de Orzamentos explica que a capacidade normativa básica respecto dos salarios dos funcionarios “corresponde á Administración Xeral do Estado” e recuera que, “a día de hoxe”, o Goberno aínda non fixo mención explícita a unha rebaixa. “Non se espera axuste retributivo algún adicional ao 5%”.

LABORAL - REPRESIÓN SINDICAL

    Altia, empresa coa que a UDC ten externalizado parte do seu traballo, despide a 5 traballadores vinculados á CIG. O sindicato ameaza con acudir ao xulgado e á Inspección de Traballo se non "rectifica"
     
    Desde aquí a nosa solidariedade e reclamamos da Universidade a rescisión dos contratos con esta empresa.

FESTIVAL REIVINDICATIVO

    Xa está pechado o cartel do II Festival da Cultura Proletaria que se celebrará o sábado 25 de Xuño en Cangas.
     
    No apartado poético estarán: Méndez Ferrín, Xabier Cordal, Chus Pato e Xiana Arias.

POLÍTICA - ECONOMÍA

    A débeda autonómica do estado español é duns 2.500 euros por persoa. Algunhas comunidades están algo mellor, como Asturias, onde a débeda per cápita é de 1.512 euros. Outras peor, como Catalunya (4.329), Baleares (3.788) ou Valencia (3.500 euros). Están as autonomías quebradas? Depende de con que as comparemos.

OS POLITICOS

    A voceira do grupo municipal socialista, Mar Barcón, cobrou durante o pasado ano 11.700 euros pola súa condición de membro do consello de administración de Novacaixagalicia.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - DOUS XEITOS DE ACOMETER UN PROBLEMA SEMELLANTE
    Dous xeitos de proceder diante de situacións semellantes. Mentres que na UDC se mendiga unha esmola da Xunta intercambiándoa por autonomía universitaria, noutras respóndese de xeito unitario e mobilizando á comunidade universitaria.
     
    O plan de aforro do Senado de Hamburgo acendeu todas as alarmas da comunidade universitaria que se botou á rúa de xeito unitario ante o recorte. Estanse a levar a cabo diferentes accións de protesta.
 ORZAMENTOS
    A lei de disciplina orzamentaria de Galicia, que imporá un teito de gasto co obxectivo de reducir o déficit, será aprobada a próxima semana no pleno da Cámara.
 A FEDERACION DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA
    Esta situación é o resultado da combinación de catro factores que dende a FADSP vimos sinalando hai anos: un financiamento insuficiente do sistema sanitario, un financiamento non finalista desta, un gasto farmacéutico moi elevado e un avance moi importante das privatizacións.
 LABORAL
    Como contribuíntes, como pobo traballador debemos esixir a paralización dos ERE e reivindicar a nacionalización da devandita empresa para que os beneficios dela sexan para todos e non uns poucos, para o capital inimigo da maioría.
 CRISE
    Geir H. Haarde gobernou Islandia dacabalo entre a Arcadia dun soño financeiro baseado na especulación salvaxe e o pesadelo social e económico en que derivou despois do crack de 2008. Fíxoo seguindo ao pé da letra o guión que marcaba o neoliberalismo.
     
    Estes días, o ex primeiro ministro islandés sentou no banco dos acusados para ser xulgado polo acontecido neses cinco ou seis días que dividiron as dúas épocas do seu mandato.
 LÍNGUA
    Contra todo prognóstico, a Real Academia Galega (RAG) elixiu o escritor, político, xornalista e empresario da comunicación Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987) para o Día das Letras de 2012. Segundo anunciou o secretario da institución, Xosé Luis Axeitos, foi unha decisión tomada por maioría", a dun home de consenso, un galeguista que padeceu as represalias do réxime pola súa defensa da lingua e da cultura galegas.
 CRISE - Artigo de Isaac Rosa
    Agora ben: se o público está mal, que hai que facer? Pedir contas aos seus responsables, ou desmontalo todo? Dígoo porque entre tanto ruído sobre a súa "insostibilidade" vexo vir o seguinte capítulo da 'doutrina do shock': tras os dereitos dos traballadores (que tamén eran insostibles coa crise) e o Estado de Benestar (de súpeto insostible), o seguinte bocado poden ser as administracións e servizos públicos en conxunto, por insostibles. Por aí apuntan a dereita, os "expertos", o FMI e Europa.
 A LOITA OBREIRA NON É DELITO
    O venres día 24 de xuño, vai ter lugar organizada polo noso sindicato un encontro que leva como título XORNADA FRONTE A REPRESIÓN SINDICAL, na que participarán corenta cadros sindicais de todas as comarcas do país, e abordarase a represión e criminalización do sindicalismo de clase en todas as súas vertentes.
 INDIGNADOS!
    O próximo 27 de xuño, todos os gobernos europeos, entre eles o Estado español, asinan en Bruxelas o grande atraco socioeconómico de alcance internacional: o chamado Pacto do Euro, polo cal os políticos da Unión Europea se poñen de acordo para lexislar ás ordes do Fondo Monetario Internacional (FMI), Banco Central Europeo (BCE) e o Banco Mundial (BM)
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript