13/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Alumnos e profesores universitarios plantan tendas de campaña en Hamburgo
Dous xeitos de proceder diante de situacións semellantes. Mentres que na UDC se mendiga unha esmola da Xunta intercambiándoa por autonomía universitaria, noutras respóndese de xeito unitario e mobilizando á comunidade universitaria.
O plan de aforro do Senado de Hamburgo
acendeu todas as alarmas da comunidade
universitaria que se botou á rúa de xeito unitario
ante o recorte. Estanse a levar a cabo diferentes
accións de protesta.
Estudantes, profesores e traballadores das
universidades protagonizaron onte unha protesta en
contra do paquete de medidas de aforro do Senadodel
estado alemán de Hamburgo. Segundo datos dos
manifestantes, unhas 15.000 persoas marcharon ata o
Concello contra o recorte planeado de 32 millóns de
euros.
Martin Köttering, o decano da facultade de Belas
Artes, nun acto simbólico, quitou a chaqueta e a
camisa e, a peito descuberto asegurou: Voulles
ensinar como estaremos pronto as universidades".
Uns 850 científicos asinaron unha carta dirixida ao
Senado en protesta polo recorte. Decanos de polo
menos cinco universidades da cidade-estado de
Hambrugo animaron aos estudantes e traballadores
dos seus centros a participar na protesta. O decano
da Universidade de Hamburgo Dieter Lenzen acompañou
a manifestación e mantivo un discurso ao final
desta.
Viñemos a quedar, aseguraban os manifestantes.
Horas antes decidira a asemblea da Universidade de
Hamburgo que realizarían unha acampada fronte ao
concello. A intención dunhas 300 persoas era quedar
dous días e ofrecer clases ao aire libre. As
autoridades non permitiron a acampada fronte ao
concello e os que se negaron a abandonalo foron
disuadidos con spray de pementa. A cambio cederon
outro lugar, Jungfernstieg, onde acamparon os
manifestantes. A inspiración da protesta veu de
Madrid e Atenas, aínda que "aquí só manifestámonos
pola educación, por agora," sinalaban os
manifestantes. Está planeado que permanezan ata o
xoves acampados.
Tamén hai constituído un grupo chamado "Büro für
ungewöhnliche Maßnahmen", en castelán "Oficina para
recortes inesperados", que organiza clases ao aire
libre por toda a cidade coa colaboración dalgúns
profesores.
Unha das reivindicacións é acabar coas matrículas
da Universidade, impostas no marco do plan de
Bolonia, e que noutros estados, como Renania
Westfalia do Norte, conseguiron volver quitar
mediante as protestas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript