13/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Deben os deputados traballar menos?
Desde logo non é de estrañar que os políticos actuais sexan para a cidadanía, segundo as enquisas, un dos maiores problemas.
Un insulto máis da clase política que, en momentos de crise, sen escrúpulo ningún adopta radicais medidas contra os traballadores/as precarizando sen piedade millóns e millóns de vidas mentres que eles viven nun estado absolutamente paradisíaco.
O presidente do Congreso, José Bono,
comunicou aos deputados que reduce un día o seu
traballo nos plenos. Xa non haberá pleno tres días
á semana, senón dous, que na práctica son menos: os
martes pola tarde e o mércores pola mañá.
Eliminarase o pleno do xoves pola mañá e os
deputados que non teñan comisións poderán irse
antes ás súas casas.
Bono fixo o anuncio ao rematar o pleno, para
sorpresa dos voceiros, que non foran previamente
consultados. Ademais, Bono mantén bloqueada a
reforma dos chamados "privilexios" dos
parlamentarios.
Sobre isto xa recibimos algunhas apreciacións
vosas:
Unha que dicía que era mellor que non fosen nunca
así non tomarían decisións como a reforma laboral…
Outra que ía polo camiño de reivindicar que se
traballe menos para traballar todos iso si cando
lle tocase ao cidadán correspondente que cobrase o
soldo do parlamentario, total para votar segundo o
signo que lle indican vale calquera.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript