23/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
A oportunidade dun reitor
O reitor sr. Barja xa non poderá volver a presentarse a
reitor, ten dúas posibilidades.
Saír pola porta principal cumprindo os compromisos e
realizando o programa co que se presentou. Ou saír pola
porta de servizo, isto é marcharse co sambenito de
incumpridor e mentireiro. Nas súas mans está. Nas súas mans
estamos traballadores. Que cumpra!. O que se escrebe nos
programas debía ser levado á práctica como si se asinase
diante dun notario.
A austeridade do PP e o difícil que é predicar
co exemplo
Dende o 22-M, o PP decidiu que para arranxar
déficit é necesario ser austeros no gasto.
Poden empezar a utilizar as tesoiras nas súas
comunidades e concellos, que son os máis
endebedados de España. Exemplo diso é Madrid,
cuxa débeda é catro veces maior que a de
Barcelona.
Aproveito para suxerirlles que utilicen as
tesoiras nas contratacións a dedo, viveiro de
comisións que enchen petos particulares e
institucionais. Tampouco estaría mal reducir as
convencións do PP coas súas viaxes, hoteis,
comidas e "outros gastos" inherentes aos
desprazamentos, que se pagan, con tarxetas de
crédito. Gustaríame ver austeridade nos seus
salarios e viaxes e evitar malos exemplos, como
os de María Dolores de Cospedal con eses
ingresos de escándalo.
Resumindo, creo que a austeridade que predica o
PP será menos bolsas, menos sanidade, menos
gasto social en xeral, diminución de
funcionarios e todo sempre recortando nesa
dirección.
De baixarse eles o soldo nada.
Xa me gustaría a min que os dirixentes do PP,
tamén os do PSOE, empezasen a predicar co
exemplo.
A economía somerxida e os datos do paro
Non se entende que nun Estado con tantos
parados poida existir tanta economía
mergullada. Resulta escandaloso, por non dicir
outros adxectivos máis fortes, que a economía
somerxida, segundo datos da Funcas (Fundación
das Caixas de Aforros), puidese dar traballo
entre 2006 e
A ocupación do espazo público, segundo para
quen
Dende as trincheiras mediáticas da dereita máis
cavernícola lánzanse insultos, exabruptos,
descualificacións, condenas, sarcasmos irados e
invectivas ominosas contra os campamentos do
movemento 15 de Maio. Alegan que as rúas e as
prazas son de todos e que non se poden ocupar
durante días. Pois ben, pode que teñan algo de
razón, pero non vin nin non oído que ninguén
fale de que deberiamos considerar os
agnósticos, os ateos ou as persoas doutras
crenzas relixiosas durante a Semana Santa
católica, que nos ofrece unha ocupación ubicua
do espazo público cos seus miles de procesións
polas rúas. Córtase o tráfico ou desvíase
durante horas e os comerciantes desas zonas non
se queixan porque este espectáculo tan
respectable atrae turismo.
Ou que se fai cando vén o Papa de visita? Acaso
non se montan grandes escenarios e córtanse
rúas ou ocúpanse prazas enteiras nos centros
neurálxicos das cidades visitadas por el?
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript