13/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Altia despide a 5 traballadores
Altia, empresa coa que a UDC ten externalizada parte do seu traballo, despide a 5 traballadores vinculados á CIG. O sindicato ameaza con acudir ao xulgado e á Inspección de Traballo se non "rectifica".
A CIG ameaza con levar ante a Inspección de
Traballo e con presentar unha denuncia nos xulgados
polo despedimento de cinco empregados da empresa
coruñesa de consultoría Altia vinculados ao
sindicato nacionalista e con dez anos de
experiencia. A CIG pide a compañía que "rectifique
e recoloque estas cinco persoas", que ían nas
listas do sindicato nas eleccións para designar un
comité de empresa. Fontes de Altia consultadas polos xornais admiten a rescisión de contrato a cinco
empregados pero negan que se trate de "unha
persecución sindical" e riscan de "totalmente
falsas" as acusacións do sindicato.
O secretario de Organización de CIG-Compostela,
Renato Núñez, criticou en rolda de prensa que,
antes dos despedimentos, Altia fixo públicos uns
beneficios de 1.680.000 euros en 2010, un 15% máis
que en 2009. Por eses sostén que a decisión de
levar a cabo estes despedimentos se debe "ou a que
a empresa non ten unha situación tan boiante e os
resultados son mentira ou ás eleccións sindicais".
Altia asegura que as contas son reais e que non ten
constancia de que estes traballadores fosen nas
listas das eleccións sindicais, que serán en xullo.
Como dubidamos de tamaña casualidade, despedir
xusto aos traballadores dunha candidatura, e como
as eleccións están próximas e a empresa seguro que
coñece os “movementos” para a formalización de
candidaturas, non nos cremos a súa argumentación.
Desde aquí a nosa solidariedade cos
traballadores despedidos e reclamamos da
Universidade a rescisión dos contratos con esta
empresa.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript