maio de 2011
 
 

06/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O estado español e os ex políticos

No estado español os políticos históricamente usaron os seus cargos como unha ponte para acadar outros postos moi rendibles na empresa privada. Aos que nos gobernan e nos gobernaron sempre nos queda a sensación, cando non a certidume, de que usaron os seus cargos políticos de xeito interesado e favorecendo, desde eles, ás empresas ás que despois se “retiraron”.

 

  • Noticias relacionadas

Xunto unha recopilación feita por Ignacion Escolar.
 
«As normas que pediu a Real Academia da Historia aos biógrafos | Rajoy opina sobre Rubalcaba »
 
No estado español é un país de expresidentes con enerxía, como Felipe González, conselleiro de Gas Natural, ou José María Aznar, asesor de Endesa.
 
No estado español é un país de exministros de Economía de alta voltaxe, como Pedro Solbes, conselleiro de Enel, ou Miguel Boyer, conselleiro de Rede Eléctrica Española
 
No estado español, os políticos saben deixar atrás as rivalidades e compartir a mesma mesa. Como a mesa do Consello de Administración de FCC, onde se sintan Nicolas Redondo Terreros e Marcelino Oreja.
 
No estado español, hai expolíticos capaces de encontrar petróleo, como Josu Jon Imaz, presidente de Petronor, ou Luis Carlos Croissier, conselleiro de Repsol.
 
No estado español, a política ten moito crédito, como Isabel Tocino ou Abel Matutes, conselleiros no Banco Santander; ou Rodrigo Rato, presidente de Caixa Madrid; ou Angel Acebes, calado deputado e conselleiro de Cibeles; ou Pedro Solbes, recén nomeado asesor de Barclays para Europa.
 
O estado español é un país onde a política crea excelentes comunicadores, como Eduardo Zaplana ou Javier de Paz, ambos os dous en Telefónica.  

No estado español, os expolíticos saben tender pontes e transmitir enerxía, como Miquel Roca, conselleiro de ACS e de Endesa, ou Josep Borrell, conselleiro de Abengoa.
 
No estado español a política vai a moito máis e nótase, polo menos nos consellos de administración das grandes multinacionais. No ano 2009, o 8% dos conselleiros do Ibex 35 eran expolíticos. No ano 2010, a porcentaxe subiu ata o 9,8%.
 
No estado español, para rematar, aínda hai políticos que se sorprenden de que tantos cidadáns lles viren as costas. Por sorte sempre terán o apoio responsable dos seus amigos, os grandes empresarios

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript