maio de 2011
 
 

06/06/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Paro. As "boas" cifras, un espellismo

O desemprego baixou en 4.648 persoas en Galicia. Non obstante, o desemprego aumentou un 5,04% na nosa nación, en relación co mesmo mes de 2010, o que representa un aumento de 11.507 persoas anotadas nas oficinas dos servizos públicos de emprego.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Dos 240.014 parados rexistrados na comunidade galega en maio, 112.247 son homes e 127.767, mulleres. Ademais, 20.582 son menores de 25 anos.  

En canto aos contratos, o Ministerio de Traballo indica que ascenderon 57.060 en maio en Galicia, o que representa un aumento de 7.069 (un 14,14 por cento) en relación a abril e un 3,86 por cento de suba se se compara co quinto mes de 2010. Do total de contratos formalizados na Comunidade galega, 51.859 teñen carácter temporal e 5.201 son indefinidos.
 
No que respecta á evolución interanual, os datos rexistrados seguen confirmando a contención na destrución de emprego. De feito nos cinco primeiros meses do ano, o paro incrementouse en 2.700 persoas.
 
Nin que dicir ten que a gravidade dos datos multiplícase, se cabe, coa consideración de que todo o incremento débese fundamentalmente a un factor estacional, a consolidación do emprego aínda está moi lonxe.
 
Outro factor moi negativo represéntao o feito de que o emprego que se crea segue a ser precario. Como se pode observar nas estatísticas os contratos indefinidos son unha parte moi cativa. Só creando emprego estable se conseguirá que o noso sexa un país competitivo.
 
A reiteración dos datos negativos e o pertinaz empeño do goberno, títere dos intereses económicos, en aplicar a política deseñada desde os foros de poder do capitalismo demostra claramente que o que menos lle importa é o índice de paro e precariedade da clase traballadora. O seu único punto de mira está centrado no mantemento das ganancias da clase á que representa, o capitalismo máis duro.
 
A solución ven determinada pola formación dunha ampla fronte anticapitalista e de clase na que se integren todos os sectores sociais (Asociacións veciñais, ecolóxicas, culturais...), laborais (comezando polas empresas en crise, parados… ) e orgaizacións políticas que sirva de punta de lanza mobilizadora contra todas estas políticas que nos afogan.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript