06/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Palestina. Apoio á II Flotilla da Liberdade
As persoas que asinamos este escrito queremos manifestar o noso apoio á Flotilla da Liberdade II que en xuño zarpará rumbo a Gaza con axuda humanitária para a castigada populación da Faixa e o propósito de romper o criminal bloqueo a que a ten sometida Israel.
O carácter pacífico desta iniciativa
internacional e a legalidade do seu obxectivo
deberian ser razóns suficientes para garantir a
seguridade das persoas e os bens que viaxarán a
bordo dos 15 buques que está previsto formen a
frota. No entanto, a experiencia do ataque
perpetrado pola armada israelita en 2010 contra a
primeira Flotilla da Liberdade, que se saldou coa
morte de 10 activistas e un elevado número de
cooperantes ferida/os, asi como as recentes ameazas
e presións de Israel, fan temer que o estado
sionista poda recorrer mais unha vez á violencia
para tentar impedir que a axuda humanitária chegue
a Gaza. Neste sentido, reclamamos das autoridades
galegas e españolas que tomen as medidas necesarias
para protexer a vida e integridade das persoas que
participarán na iniciativa, varias delas galegas, e
garantir que a axuda solidaria chegue ao seu
destino: a asediada Faixa de Gaza.
Sinatura
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript