06/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Mesa insta a Negreira a pechar o debate sobre o topónimo
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, alerta sobre a recorrente polémica do topónimo da Coruña, cuxa castelanización vén sendo reivindicada polo futuro alcalde, Carlos Negreira, do Partido Popular. Arredor desta cuestión, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ten manifestado que, de chegarlle un requirimento do goberno local herculino para colocar o “L” no nome da cidade, someterá a cuestión á consideración do Parlamento.
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), Carlos Callón, advertiu este mércores o presidente provincial do PPdeG na Coruña e futuro alcalde da cidade, Carlos Negreira, que é necesario "pechar definitivamente" o debate sobre o topónimo da Coruña e manter a variante galega.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript