06/06/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Medio Rural pon en mans privadas a prevención de lumes
O director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, asegurou na Comisión de Agricultura do Parlamento que relegará os brigadistas da empresa pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga) “ao reforzo do verán”, mentres que da “prevención” se encargarán “empresas privadas” xunto con “medios propios” da Xunta, o que veu a confirmar os temores dos profesionais da empresa pública. Couto asegurou que “as contratacións se realizarán a través da estrutura do sector, das empresas forestais e, por outra parte, a través do servizo propio”.
O alto cargo da Xunta foi recriminado pola
desprofesionalización do servizo de prevención
sendo que foi creado para efectuar actuacións non
só de extinción senón tamén de prevención e desde a
chegada do PP á Xunta deu un retroceso á filosofía
preventiva, xa que o Goberno galego só mantén un
potente dispositivo contra incendios sen facer a
política preventiva axeitada, á vez que privou de
todo músculo a Seaga ao usalo só para a extinción.
Censurouselle, tamén, a contratación de
traballadores estacionais en precario e denunciouse
o perigo de reforzar o dispositivo da Xunta con
persoal do Seaga só entre xullo e setembro.
Ademais, lembrouselle que hai cousas que as
empresas forestais non fan, como intervir en
cuestións de conflitividade social polo que a Xunta
non ataca as causas estruturais dos lumes.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript