Número 86 - 06 de xuño de 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    Unha vez máis asistimos ao ritual habitual.
     
    Mentres que a escusa para non cumprir os compromisos é a situación derivada da non aprobación do Plan de Sustentabilidade pola Xunta. O equipo de goberno segue modificando a RPT do PDI, executando, por unha parte as promocións acordadas cos seus representantes e ampliando as dedicacións, feitos que afectan ao Capítulo I dos orzamentos da Universidade. A dobre moral é evidente.

ADMINISTRACIÓN

    A nova Lei apróbase no marco dunha profunda crise cun aumento vertixinoso do paro e a destrución de gran parte do sistema produtivo.
     
    Os aspectos centrais da lei reflicten as presións dos sectores empresariais para reorientar ao sector público cara á transferencia e a innovación. Ante a incapacidade de xerar un tecido tecnolóxico potente a partir dun investimento propio sostido e suficiente, proponse a conversión do sector público no núcleo da investigación aplicada. Para abundar nesta proposta, CIU introduciu no trámite de emendas o concepto de transferencia inversa, que en román paladino significa que serán as grandes empresas as que decidan as prioridades e obxectivos do sector público.

INDIGNADOS - ACAMPADA CORUÑA

    Un membro da CUT foi convidado a intervir na asemblea temática que sobre a reforma laboral se realizou na acampada Coruña o pasado mércores día 1 de xuño, de seguido resumimos a intervención do compañeiro.

FESTIVAL REIVINDICATIVO

    Xa está pechado o cartel do II Festival da Cultura Proletaria que se celebrará o sábado 25 de Xuño en Cangas.
     
    No apartado poético estarán: Méndez Ferrín, Xabier Cordal, Chus Pato e Xiana Arias.

NUCLEARES

    Despois de Fukushima, non caben medias tintas. Reclamar o peche das nucleares no estado español pasa a ser unha cuestión esencial en calquera proxecto ou programa que poña por diante a defensa da saúde e a vida por diante dos beneficios.

ECONOMÍA - Vicenç Navarro

    A súa influencia sobre o Estado de tales países implica que os seus impostos foron descendendo durante os últimos 30 anos (en España durante os últimos 15) dun xeito moi notable, facéndose cada vez máis ricos. Esta gran redución de ingresos aos estados significou que estes tiveron que endebedarse, pedindo préstamos aos bancos onde os ricos depositan e invisten o seu diñeiro.

ECONOMÍA - LABORAL

    O 46% dos parados leva buscando máis dun ano traballo sen éxito, un 10% máis que o ano pasado, o que agrava a súa situación persoal e de perigo de exclusión, advertiu a organización caritativa “Cáritas”

POLÍTICA - ECONOMÍA

    No estado español os políticos históricamente usaron os seus cargos como unha ponte para acadar outros postos moi rendibles na empresa privada. Aos que nos gobernan e nos gobernaron sempre nos queda a sensación, cando non a certidume, de que usaron os seus cargos políticos de xeito interesado e favorecendo, desde eles, ás empresas ás que despois se “retiraron”.

OS POLITICOS

    A semana pasada mostramos os “pequenos” soldos que Cospedal ingresa anualmente. Neste Pasquín imos mostrarvos os igualmente “reducidos” salarios que cobra outra dirixente, neste caso do PSOE.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Membros do colectivo Juventud Sin Futuro e outros indignados protagonizaron na Universidade Carlos III de Madrid, en Xetafe, unha das primeiras accións directas contra os culpables da crise. Varias decenas de mozos expresaron este luns, 30 de maio, o seu rexeitamento á presenza neste campus de Emilio Botín.
 A LOITA OBREIRA NON É DELITO
    O domingo día 12 de xuño, ás 12 horas, a CUT organiza unha concentración diante da prisión de A Lama reclamando a liberdade de Telmo Varela, preso dende o día 9 de marzo. Aproveitaremos tamén para denunciar a dispersión de Miguel Nicolás á prisión asturiana de Vilabona, orde que viu dada pola dirección da prisión de A Lama.
 LINGUA
    O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, alerta sobre a recorrente polémica do topónimo da Coruña, cuxa castelanización vén sendo reivindicada polo futuro alcalde, Carlos Negreira, do Partido Popular. Arredor desta cuestión, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ten manifestado que, de chegarlle un requirimento do goberno local herculino para colocar o “L” no nome da cidade, someterá a cuestión á consideración do Parlamento.
 SOLIDARIEDADE INTERNACIONALISTA
    As persoas que asinamos este escrito queremos manifestar o noso apoio á Flotilla da Liberdade II que en xuño zarpará rumbo a Gaza con axuda humanitária para a castigada poboación da Faixa e o propósito de romper o criminal bloqueo a que a ten sometida Israel.
 LABORAL
    O desemprego baixou en 4.648 persoas en Galicia. Non obstante, o desemprego aumentou un 5,04% na nosa nación, en relación co mesmo mes de 2010, o que representa un aumento de 11.507 persoas anotadas nas oficinas dos servizos públicos de emprego.
 MÁIS PRIVATIZACIÓNS
    O director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, asegurou na Comisión de Agricultura do Parlamento que relegará os brigadistas da empresa pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga) “ao reforzo do verán”, mentres que da “prevención” se encargarán “empresas privadas” xunto con “medios propios” da Xunta, o que veu a confirmar os temores dos profesionais da empresa pública. Couto asegurou que “as contratacións se realizarán a través da estrutura do sector, das empresas forestais e, por outra parte, a través do servizo propio”.
 15 - M - Artigo de Isaac Rosa
    Sempre sospeitei que a fea acumulación de cachivaches en Sol ten intención política, unha forma de quitar espazo ás manifestacións, polo que temo que pronto engadan máis mobiliario urbano e novas estatuas, para obstaculizar futuras acampadas.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Vindeiras actuacións do Comité

    Xoves, día 9, reunión do Comité.

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript