30/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Nota de prensa urxente da plataforma SOS Sanidade Pública
Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia non espera ao 23 de maio para avanzar na privatización da sanidade pública galega, a pesares das súas mensaxes de non privatizala.
O SERGAS a través dun prego de cláusulas ao que tivo acceso a Plataforma
da Defensa da Sanidade Pública, abre a porta á contratación privada da
xestión económica e á xestión dos procesos de oposicións do seu persoal.
A cambio de 557.000 euros
(case 100 millóns de pesetas) , nun momento de
crise, adxudica a unha empresa privada este
contrato, que contempla unha actividade que pon en
perigo os postos de traballo de moitos empregados
públicos e entrega á mesma unha información
estratéxica acerca dos seus obxectivos, dotacións
económicas, dispoñibilidades orzamentarias e
políticas de racionalización do gasto.
Finalmente entrega unha información tan vulnerable
e unha competencia tan central para os seus
obxectivos como é a xestión dos procesos de
oposicións (inscrición, oposición e provisión das
prazas), en definitiva toda a selección do persoal.
Para esta Plataforma este novo e suculento contrato
supón na práctica a “baltarización” da política de
contratación do persoal da Sanidade Pública Galega.
O prego ao que tivo acceso SOS Sanidade Pública
contempla a entrega a unha empresa privada as
seguintes competencias da administración pública:
1.- Xestión económica:
Sistema de tramitación orzamentaria.
Xestión de pagos en unidades administrativa
(servizos centrais, direccións e delegacións
provinciais).
Xestión de Subministracións e Unidades de Consumo
2.- Recursos humanos:
Aplicación para a xestión dos procesos de
oposicións (inscrición, oposición e provisión)
A pesares da habitual dificultade para entender a
linguaxe administrativa, o que antecede está moi
claro: Trátase de liquidar unha importantísima
parte da administración pública e facilitar a
penetración do sector empresarial privado nunha das
áreas máis sensibles da xestión administrativa do
sistema sanitario público. Os cidadáns entenderán
perfectamente que iso supón amputar a capacidade
operativa do sistema e a súa sustentabilidade
económica futura.
Ademais disto, en tempos de crise e de austeridade,
incrementa en máis de medio millón de euros, nun
novo exercicio de desconfianza nos seus propios
empregados públicos, un gasto sen xustificación
obxectiva algunha.
A carga de traballo que se substrae ao público e que
se transfire á empresa privada é o primeiro paso
para poder despedir, sen provocar unha catástrofe
administrativa, a un gran número de persoal
altamente cualificado, seguindo as estratexias do
Primeiro Ministro do Reino Unido que tanto admira o
Sr Rajoy.
No que se refire á selección do persoal supón unha
gravísima entrega de información confidencial dos
miles de aspirantes ao emprego público do SERGAS de
todas as Categorías, e a vulneración dos criterios
de igualdade, mérito e capacidade que a
Constitución e as Leis Galegas protexen.
*
Documento coas cláusulas do concurso para
privatizar.
*
Documento publicado no BOE coa oferta do concurso.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript