maio de 2011
 
 

30/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Xa está aquí outra reforma laboral moito peor e non o sabías...

O presidente do goberno dixo no Congreso dos deputados que as reunións entre os sindicatos e a patronal están moi próximas a un acordo que incluirá polo menos as seguintes materias: ultraactividade, flexibilidade interna, descolgue salarial e absentismo laboral. Como sempre, en Laboro tradúcese ao Roman Paladino para que o entenda o veciño:

 

  • Noticias relacionadas

Ultraactividade. Significa que cando venza o convenio quedades sen convenio. Se vos quedades sen convenio quedádesvos sen táboas salariais e sen calquera outra vantaxe que poida ter, como maiores vacacións, días de asuntos propios, complemento ata o 100% nas baixas, etc. etc. A gran maioría de convenios teñen duración de entre 1 e 3 anos. Por suposto, dende agora serán todos de 1, se é que se asina novo convenio...
 
Flexibilidade interna. Iso é facilitar os cambios de categoría e os traslados. Ata agora non estaba permitido o cambio a funcións inferiores salvo de forma temporal e por necesidades perentorias e sempre mantendo o salario anterior. Os traslados eran por unhas razóns concretas, non por calquera razón, e ante este podíase rescindir o contrato cobrando indemnización de 20d/año/ano e tendo dereito a paro. Pois todo iso fose, que é de comunistas e perroflautas.
 
Descolgue salarial. Que vai ser? Baixar os soldos. Antes da reforma laboral do 2010 era case imposible. Despois da reforma é posible, pero só mentres dure o convenio e se llo asinan os delegados. Agora que poñerán? Calquera cousa que permita baixar os soldos sen límite temporal mentres que se supoña que vaian mal as cousas.
 
Absentismo laboral. Seguramente sexa dar ás mutuas a capacidade de dar a alta en enfermidades comúns e accidentes non profesionais. O polo menos que se o traballador se nega a someterse aos tratamentos e probas da mutua, como ata agora pode facer, a alta sexa automática.
 
A ultraactividade vana vender como unha vantaxe para os traballadores que non teñen convenio dende hai anos, porque se supón que ao cabo dun tempo sen este decidirá un árbitro. Quen nomea estes árbitros e quen é? Jeeeejeje. Huy perdón.
 
A flexibilidade e o descolgue os van á vender dicindo que peor sería o despedimento e o absentismo como unha gran vantaxe para a SS. Xa está ben de tanta fraude de traballadores que se empeñan en poñerse de baixa en vez traballar para levantar o país como bos patriotas e patriotos machotes e machotas.
 
Ninguén parece terse decatado do que significa todo isto e a quen se decatou non lle interesa comentalo. Por suposto, os medios de "comunicación" citaron o asunto, pero esquecéuselles falar sobre as súas consecuencias nefastas para todos os traballadores sen excepción.
 
A mensaxe da patronal está clara. Se queredes que non haxa despedimentos e que haxa contratacións, que sexa cobrando menos, non só os novos senón todo bicho "vivente". A grande empresa non quere despedir a xente necesariamente porque ás veces é difícil e custoso substituír o persoal cando xa está formado. Mesmo se o substituto cobra menos pódese acabar perdendo diñeiro. É moito mellor para eles non despedir ao veterano, senón baixalo o soldo e aumentarlle a xornada. Fodeunos. Non pagan despedimento e reducen gastos. Dobre ganancia.
 
En resumo. Que o método de reducir o paro vai ser obvio. Se a suma de todos os custos salariais do estado suma chopotocentosmil millóns de euros, reparten esta mista cantidade entre máis xente e xastá. Que non se diga que en españistán non hai I+D (Idea Dahostia).
 
laboro

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript