maio de 2011
 
 

30/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Os indignados, agora molestan

Antes das eleccións municipais e autonómicas o PSOE intentou a identificación e quixo apropiarse das súas mensaxes, mentres o PP expresou en diferentes medios e momentos a súa comprensión co movemento.

 

  • Noticias relacionadas

Unha vez realizadas as eleccións, despois do día 22, as posicións son ben distintas, o PP presentan as acampadas e aos que alí permanecen como antisistema que emporcan as rúas, afean a imaxe das cidades e prexudican tanto aos comerciantes coma ao turismo. O PSOE segue, mimeticamente as consignas da dereita, mesmo a igrexa opina que teñen un problema na alma e que deberían rezar.
 
Neste cambio radical de consideración dos poderes politico-relixiosos (o movemento vese como algo  incómodo), a dereita nacionalista, coa escusa de “limpar a rúa, utiliza as forzas represivas para demostrar quén manda.
 
A violencia oficial contra mozas e mozos indefensos, constitúe unha provocación, pois se nunca teñen sentido as accións brutais como as acontecidas en Barcelona, menos sentido teñen cando se empregan contra cidadáns pacíficos que exercen un dereito constitucional.
 
Accións como á que nos referimos manifestan ás claras a dobre moral dos que reclaman estes dereitos fora do estado (mundo árabe) e aquí impiden o exercicio da democracia
 
Tamén  o futuro alcalde de Compostela, o popular Gerardo Conde Roa. “O campamento de okupas ten que acabar xa. Non poder ter este espectáculo no Obradoiro”, sinalou en rolda de prensa. O movemento antisistema pon en perigo e deixa mala imaxe en Santiago. Durante a campaña o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrrara toda a súa “comprensión” ante a “decepción” dos manifestantes.
 
Os partidos políticos deixaron de entender e tolerar as demandas dos indignados unha vez que pasou o momento de depositar os votos nas urnas.  Demostran, unha vez máis coa súa actuación, a hipocrisía e incoherencia que forma parte dos comportamentos políticos destas forzas, o que da aínda máis razóns para indignarse.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript