Número 84 - 23 de maio de 2011
 
 
ACTUALIDADE

    Antes das eleccións municipais e autonómicas o PSOE intentou a identificación, e o PP expresou en diferentes medios e momentos a súa comprensión co que representaba o movemento.
     
    Unha vez realizadas as eleccións, despois do día 22, as posicións son ben distintas, o PP presentan as acampadas e aos que alí permanecen como antisistema que emporcan as rúas, afean a imaxe das cidades e prexudican tanto aos comerciantes coma ao turismo. O PSOE segue, mimeticamente as consignas da dereita, mesmo a igrexa opina que teñen un problema na alma e que deberían rezar.
     
    Neste cambio radical de consideración dos poderes politico-relixiosos, a dereita nacionalista, coa escusa de “limpar a rúa, utiliza as forzas represivas para demostrar quén manda.

UNIVERSIDADE

    O vindeiro día 31 de maio haberá un novo Consello de Goberno. Xuntamos a convocatoria. Como sabedes recriminóusenos en moitas ocasións o feito de espallar a convocatoria e os ficheiros que a desenvolvían, imos cambiar polo tanto de método.
     
    Se a alguén lle interesa algún punto da orde do día que nolo faga saber e comunicarémosllo sempre sen incumprir a Lei de Protección de Datos.

UNIVERSIDADES

    O venres 27 reuniuse o Consello Galego de Universidades tomando unha serie de acordos entre os que subliñamos que as matrículas subirán o vindeiro curso o 3,6%, dándose a coñecer, tamén, a decisión de non modificar, polo de agora, o calendario das probas de acceso á Universidade.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Sempre se pensou que os traballadores da administración pública tiñan aseguradas unhas condicións laborais que implicaban a seguridade da percepción económica (salario) en condicións acordes co asinado nos convenios colectivos correspondentes. Todos sabiamos de empresas privadas que incumprían pactos e convenios, isto comeza a estenderse, tamén á administración pública. Os traballadores/as interinos do Concello de Bueu estano a vivir nas súas carnes.

SANIDADE

    O Sistema  de Saúde  vive un dos momentos máis críticos da súa historia. O debate sobre o copagamento non é máis que a punta dun enorme iceberg impulsado por aqueles que, aproveitando a crise, defenden como inevitable o fin do actual modelo asistencial universal e avogan por distintos tipos de recortes.
     
    Do papel básico da sanidade pública como garante do Estado do benestar e baluarte da equidade e da redistribución dos recursos á marxe da renda, nin se fala.

LABORAL

    O presidente do goberno dixo no Congreso dos deputados que as reunións entre os sindicatos e a patronal están moi próximas a un acordo que incluirá polo menos as seguintes materias: ultraactividade, flexibilidade interna, descolgue salarial e absentismo laboral. Como sempre, en Laboro tradúcese ao Roman Paladino para que o entenda o veciño:

ECONOMÍA

    A crónica deste secuestro da democracia estaba anunciada desde que, coa máis recente crise internacional, a especulación se virou para as débedas dos Estados periféricos da Zona Euro, con economías máis vulnerábeis. Só a construción de entendementos entre eses países periféricos, acompañada pola receita, no plano nacional, de trasladar para os cidadáns o pagamento dunha crise orixinada na esfera financeira e na captura dos recursos públicos polos intereses privados, podería permitir artellar un camiño alternativo.

ECONOMÍA

    O estado español foi o país da Unión Europea (UE) que máis accesos ao seu territorio de cidadáns estranxeiros rexeitou en 2010, con 290.000 casos, segundo un informe comunitario feito público estes días.

SANIDADE PUBLICA

    Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia non espera ao 23 de maio para avanzar na privatización da sanidade pública galega, a pesares das súas mensaxes de non privatizala.
     
    O SERGAS a través dun prego de cláusulas ao que tivo acceso a Plataforma da Defensa da Sanidade Pública, abre a porta á contratación privada da xestión económica e á xestión dos procesos de oposicións do seu persoal.

OS POLITICOS

    O primeiro que fixo a secretaria xeral do PP tras gañar electoralmente é pedir máis austeridade. Recordemos hoxe a súa lexitimidade de euro.
     
    Recordemos tamén que unha das esixencias históricas dos procesos de transformación democráticos reais é que os representantes políticos cobren como máximo o salario dun obreiro especializado.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - COMPOSTELA
    Os traballadores e traballadoras veñen denunciando desde hai semanas que máis da metade do cadro de persoal da Fundación está contratada en fraude de lei e que a Universidade e a dirección da fundación están a elaborar un plano de viabilidade de cuxo contido non foron informados.
 NATIVA OU ESTRANXEIRA A MESMA CLASE OBREIRA
    A CUT, como membro activo do Foro Galego de Inmigración, estivo o domingo participando na VI Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno que este ano se realizará en Compostela co título "Ninguén sobra nunha crise". A nosa central sindical chama a participar, ademais, na marcha reivindicativa que sairá ás 13:15 do IES Xelmírez I, percorrendo as rúas da zona vella compostelá, para rematar ás 14 horas na Praza do Toural onde terá lugar un breve acto que recollerá as principais denuncias e eixos de actuación do Foro durante o último ano de actividade.
 ECONOMÍA -LABORAL
    Nos últimos días saíron á luz unha chea de estatísticas que expresan claramente a situación na que estamos na nosa nación. A dereita gobernante pode estar contenta, se o seu interese era deixar o noso territorio, o tecido económico e aos traballadores e traballadoras en situación paupérrima, estao a conseguir.
 ECONOMÍA - CRISE

    Publicamos este vídeo que nos remitíchedes e que tenta explicar de xeito sinxelo a orixe da crise que nos están obrigando a pagar entre todos os traballadores e traballadoras.
 LABORAL
    Abriuse un novo nicho de negocio para a empresa privada, a xestión das contratacións de traballadores/as, o negocio que parece ir ben, está previsto que se amplíen estas oficinas, aínda pode ir mellor, todo a costa do erario público. O que se pretende agora é que a Seguridade Social pague o custo total do exercicio privado.
 LINGUA - Ramón Lorenzo
    Ramón Lorenzo (Eirapedriña, Ames, 1935) recibirá este ano o Premio Trasalba 2011, que cada ano entrega a Fundación Otero Pedrayo. Con este galardón, celébrase a súa longa traxectoria como escritor e investigador. Lorenzo é catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos cofundadores do Instituto da Lingua Galega (ILG), que a semana pasada celebrou o seu corenta aniversario
 MULLER - Manifesto
    A plataforma de organizaçons feministas rejeita o “Anteprojeto de Lei de Apoio à Família e à convivência na Galiza” por regressivo, patriarcal e anticonstitucional.
     
    A lei representa um grave corte dos direitos da mulher, situándoa de novo em suas tarefas de mae e cuidadora (de crianças, adolescentes, pessoas com discapacidade, dependentes e idosos), estabelecendo a maternidade como papel vital e controlando desta forma a sua vida afetiva e sexual.
 15 - M - Artigo de Isaac Rosa
    Se aínda se pode falar hoxe de dúas Españas, talvez sexan as que o domingo pasado, pola noite, ocupaban a rúa en Madrid separados por apenas un quilómetro. Á mesma hora que miles de cidadáns participaban nunha asemblea na Porta do Sol, outros miles celebraban a vitoria do PP na rúa Xénova. En ambos os dous sitios había pancartas, berros e ilusión, pero aí remátanse as coincidencias.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript