30/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os traballadores e traballadoras veñen denunciando desde hai semanas que máis da metade do cadro de persoal da Fundación está contratada en fraude de lei e que a Universidade e a dirección da fundación están a elaborar un plano de viabilidade de cuxo contido non foron informados.
Pola pouca información da que dispoñen, con
ese plano de viabilidade preténdese reducir o
número de traballadores/as e as actividades
deportivas, nomeadamente aquelas que a Universidade
non considera rendíbeis.
O pasado 18 de maio celebrouse unha primeira
xuntanza na que non lles chegaron a explicar en que
consistía ese plan de viabilidade. Por iso levaron
a cabo unha primeira xornada de folga o pasado día
19 de maio e outra este mércores.
Agardan que se retome o diálogo e que se lles
proporcione información para poder avaliar o
impacto que terá o plan de viabilidade, tanto sobre
o emprego como sobre as actividades deportivas.
Durante a xornada de folga, que discorreu con
normalidade, volveron concentrarse ante o reitorado
da Universidade de Santiago, na Praza do Obradoiro,
logo de marchar polas rúas do casco histórico desde
a Alameda.
Demandan, como diciamos, da dirección da fundación
información dos contidos do plano de viabilidade
que prevé pór en marcha o organismo e que, polo que
saben, implicará unha redución de traballadores e
de actividades deportivas. Denuncian que tras da
xuntanza do pasado 18 de maio, nin a Fundación nin
o reitorado abriron canles de diálogo que
permitiran desbloquear o conflito.
DENDE AQUÍ A NOSA SOLIDARIEDADE. AS CRISES NON AS
PODEMOS PAGAR SEMPRE OS MESMOS.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript