30/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Cospedal rima con austeridade...só por casualidade
O primeiro que fixo a secretaria xeral do PP tras gañar electoralmente é pedir máis austeridade. Recordemos hoxe a súa lexitimidade de euro.
Recordemos tamén que unha das esixencias históricas dos procesos de
transformación democráticos reais é que os representantes políticos
cobren como máximo o salario dun obreiro especializado.
E, tamén claro, que a este e ao que non o
estea (especializado) llos controlen. Tendo en
conta que o desta señora é só un caso entre mil,
fagan precisamente contas de a cantos miles de
euros estamos dunha democracia real neste país,
cada vez máis arruinado socialmente por esta ralea
"de ouro".
O que vén son só cifras oficiais baseadas na
declaración de renda do 2009. Seguro que as
oficiosas son máis avultadas pero non menos reais.
- 43.771 euros polo seu banco no Senado
- 167.864 euros polo seu cargo de número dous do
Partido Popular.
- 3.560 euros do Ministerio de Xustiza en concepto
de trienios.
- 25.538 euros de indemnización polos gastos da súa
función no senado.
En definitiva, 241.840 euros foron os ingresos da
secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal,
en 2009.
Na súa declaración de facenda, reflíctese que a 29
de xullo de 2010 o saldo medio das contas da
secretaria xeral do PP era de 508.822 euros, unha
importante cantidade que Cospedal explica no
apartado de observacións como un imcremento debido
á venda dun piso. Ademais conta cun plan de
pensións do Senado de 4.377 euros.
E agora, un exemplo da súa grande intelixencia
argumental. E tamén de solidariedade "nobre" coas
súas compas de corte:
Cando se lle preguntou se había que quitar os
soldos vitalicios dos ex presidentes do goberno
sinalou que"hoxe por hoxe" hai "moi poucos" ex
presidentes do Goberno "que teñan dereito a esa
situación". E que ter sido ex presidente do Goberno
"ten que levar consigo un determinado estatutus ou
un status mínimo". "Creo que iso entra dentro do
sentido común", concluíu.
Non Cospe, o teu sentido común tampouco rima co
común dos sentidos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript