Agosto de 2010
 
 

23/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Aquelas choivas trouxeron estas lamas
Cabe esperar que o PSOE aprendera a lección e no que queda de lexislatura deixe de aplicar, sistematicamente, a política do PP. Porque é o que fixo, de xeito continuado e entusiasta, Rodríguez Zapatero -para a súa perdición, a do seu partido e a do Estado-: facer política de dereitas e non soamente en economía -facendo pagar a crise, exclusivamente, á clase traballadora e aos pensionistas-, senón no aumento de subvencións e privilexios á Igrexa católica -que nin en tempos do propio Aznar- e no ataque á esquerda sindical -cousa á que tampouco Aznar se atreveu-. E é que, cando se viu que gañan as eleccións aplicando a política dos outros?

 

Gañaron a 'Gürtel' e as receitas do FMI
O resultado das pasadas eleccións foi o esperado: gañaron o partido da Gürtel e as receitas que o FMI impuxo ao Goberno. Noutras palabras, o gran triunfador nestas eleccións foi o propio sistema. Ao final, este xogo democrático non é máis que iso, un simple xogo, do cal as elites poderosas son xuíz e parte, onde o único claro é a decadencia ideolóxica que se manifesta nun discurso demagóxico que se afasta cada vez máis das necesidades da xente.
De aí nace ese inconformismo social que se estende de praza en praza, motivada polo desprezo da súa clase política, que patentou toda clase de inxustizas en nome das institucións. Só a democracia participativa pode contrarrestar os abusos de poder desta clase cuxa cobiza somerxeu o país a unha longa depresión existencial, especialmente entre os mozos.

 

Acampadas e solucións
Non abonda con estar felices pola incrible repercusión das acampadas, polo ben que se están a facer, polas dificultades que se van superando, pola exhibición de indignación, enxeño e ganas de cambio. Canto maior é o éxito, maior será a frustración se non hai resultados. Estamos a demostrar que sabemos lograr unha presión suficiente para facer entrar en razón a quen se opoña. Pero é evidente que gobernos, partidos e grupos de presión económica se defenderán con forza.
Hai pois que presentar un par de primeiras reivindicacións concretas contra o desemprego e para mellorar a democracia. E propoñernos conseguilas para antes das próximas eleccións. Pedir garantías e prazos para que, ante un posible incumprimento, se poña en marcha o seguinte paso que nos leve a convencer ao poder polo ben de todos os cidadáns.


O futuro está nas nosas mans
O movemento dos indignados polas cidades españolas (e agora tamén internacionais) foi un exemplo: as manifestacións foron pacíficas, heteroxéneas e estiveron perfectamente organizadas.
Estamos a vivir días que dentro duns anos consultaremos nos libros de historia; sigamos cambiando o eterno presente que rematou por consumir a unha sociedade que vai camiño da quebra.
O futuro está nas nosas mans e hoxe máis que nunca nos estamos a decatar de que é posible construílo.



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript