23/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
“A policía cumpriu de xeito impecable; esta xente estivo a enturbar a convivencia dos madrileños. " -Francisco Granado, conselleiro de Presidencia de Madrid
Entendo o estupor de Esperanza Aguirre ("os
antisistema debían presentarse ás eleccións") e os
seus conselleiros ao asomarse ao balcón do seu
despacho e ver a Porta do Sol tomada por centos de
mozos.
"Pero, que fan aí? Por que non se foron a durmir á
súa casa? É que non pensan ir a traballar hoxe?
Como non foxen ao ver a policía? E por que non
acampan na Moncloa, en vez de baixo o meu balcón?
Se queren protestar, por que non o fan o domingo,
votando? E sobre todo, por que non nos votan a nós,
se tan cabreados están? "
Como Aguirre e Granados non son os únicos que se
fan esas preguntas, respondámoslles: os
manifestantes seguen aí porqué están fartos. Non se
foron para a casa porque moitos non teñen casa.
Tampouco irán a traballar: están no paro. Non se
asustan ante a policía porque o seu lema é "sen
casa, sen curro, sen pensión e sen medo"; e non
teñen medo pois non teñen moito que perder. Non
acampan na Moncloa porque a súa protesta vai máis
alá de quen goberna. Votarán (ou non) o domingo,
pero piden "democracia real". E non votan ao PP
porque rexeitan o bipartidismo dominante.
Aínda que os presenten como apolíticos (cando en
realidade son máis ben apartidistas), ou mesmo
antipolíticos (e non falta quen alerta dun
populismo berlusconiano), nas súas pancartas hai
máis política que en calquera programa electoral.
Política con minúsculas e con maiúsculas, de barrio
e global.
Non teñen medo, pero dan medo. Por iso hai quen se
apresura en convertelos nun problema de orde
público, policial. E por suposto, xa lles colocaron
o adhesivo: antisistema. Primeiro paso cara á súa
criminalización se se vai das mans. Xa sabemos que
no Estado Español antisistema está só un chanzo por debaixo
de terrorista.
Se os manifestantes e acampados son antisistema,
sono como o rebelde da canción de Jeanette, ao que
o mundo fixera así. "Eu son antisistema porque o
sistema me fixo así". É este sistema o que os
expulsa. E despois de deixalos na rúa, agora
pídelles que se vaian durmir á casa que non teñen.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript