maio de 2011
 
 

23/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Telefónica presentará o ERE a próxima semana

A pesar das críticas Telefónica executará os plans previstos, repartirá uns suculentos millóns de euros entre a súa cúpula directiva mentres que pola porta de servizo irá botando traballadores á rúa. Todo un exemplo da situación económica actual e un motivo máis de indignación.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

"Telefónica de España" presentará a proposta de expediente de regulación de emprego (ERE) a próxima semana para iniciar canto antes as consultas cos sindicatos, segundo informaron fontes da negociación.

A mesa do convenio colectivo de telefonía fixa da operadora reuniuse por primeira vez tras a súa constitución o pasado 12 de maio e os sindicatos sinalaron que o ERE debe estar dentro das negociacións do convenio.

Hai un mes, Telefónica informou no seu encontro de investidores en Londres a súa intención de reducir o persoal no estado español nun 20 % mediante externalizacións e despedimentos, pero na reunión non se falou de cantos traballadores poden verse afectados e tampouco se expuxeron segregacións de negocios.

Fontes da reunión do convenio sinalaron que se informou de que o ERE presentarase aos sindicatos no próximo encontro, que será a mediados desta semana.

Ao parecer, na reunión tamén se expuxo que o novo convenio e o ERE teñan unha duración de cinco anos

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript