23/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Este é o FMI que dita aos gobernos as receitas para liquidar os dereitos conquistados por duras loitas dos traballadores. Aí vai parar o recollido cos rescates
usureiros para que pague o pobo Europeo e de todo o mundo. O FMI é unha asociación de gangsters para delinquir e roubar, para manter o statu Quo dos G20 e asegurarse o roubo ao resto do mundo,
ousexa ao 90% da humanidade.
O ex director xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI), Dominique Strauss-Kahn, recibirá tras a súa saída abrupta do organismo, arrestado acusado de agresión sexual, unha indemnización de 250.000 dólares (uns 175.000 euros), ademais dunha pensión vitalicia non especificada.
O FMI confirmou que, tal e como informaran
previamente algúns medios financeiros, o ex
director xerente percibirá un único pagamento
compensatorio de 250.000 dólares.
O organismo tamén recoñece que o economista francés
-acusado de varios delitos de asalto sexual e
intento de violación- percibirá unha pensión
vitalicia, pero nega a contía que mencionan os
medios financeiros, e que a sitúan entre 250.000 e
320.000 dólares anuais (entre 175.000 e 225.000
euros).
As cifras que deron os medios sobre a pensión anual
e outros emolumentos do director xerente "foron
sobreestimadas enormemente", ao parecer porque a
prensa tomou "erroneamente como base do cálculo o
pagamento dunha indemnización dunha soa vez por
importe de 250.000 dólares", dixo o FMI nun
comunicado.
"A pensión anual que cobrará (Strauss-Kahn) nos
próximos anos será moi, moi inferior a esa cifra",
engadiu o organismo.
Suplemento de retiro
Segundo os termos do contrato que Dominique
Strauss-Kahn asinou cando se incorporou ao cargo en
novembro de 2007 e dispoñible na páxina web do
organismo, o economista francés ten dereito a
participar dos plans de pensións do FMI, como
calquera empregado que traballase alí polo menos
tres anos.
O documento establece que cobrará ademais un
"suplemento de retiro" que se sumará á pensión, e
que segundo unha táboa adxunta supoñerá o 60% das
súas remuneracións.
Medios como ABC News
recordan que o seu salario é de 420.930 dólares
(296.000 euros) anuais, o que supón que o
suplemento que podería cobrar ascendería a uns
252.000 dólares.
Outros, como CNBC, calculan que nestes tres anos o
seu salario se incrementou pola inflación ata os
530.000 dólares anuais (372.000 euros), polo que o
suplemento de retiro podería ascender a uns 318.000
dólares (uns 223.000 euros) ao ano.
O contrato establece por outro lado que "en caso de
que (Straus-Kahn) faleza antes que a súa esposa
tras abandonar o Fondo, o Fondo pagará á súa esposa
durante toda a súa vida un pagamento suplementario
de retiro".
Unha bicoca. Dende logo, no mundo hai dúas clases
de cidadáns: os Amos do Universo, como DSK, e o
resto de pobres mortais. Xa estabamos indignados,
isto é unha razón máis para actuar.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript