maio de 2011
 
 

23/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Merkel esixe aos traballadores do estado español, aos gregos e portugueses que traballen máis

A chanceler alemá, Angela Merkel, utilizou o martes pasado a perigosa linguaxe do populismo para impedir que os seus compatriotas rexeiten a axuda alemá aos países da zona euro que negociaron préstamos multimillonarios para poder pór en orde as súas finanzas, como é o caso de Grecia e Portugal. Esixiu a estes dous países, e tamén ao Estado Español, que acurten as súas vacacións e alarguen a súa vida laboral, se desexan contar co apoio xermano para resolver os seus problemas financeiros.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Os tópicos son difíciles de erradicar. Contradicindo o que di a chanceler, a OCDE revelou en abril que traballamos máis que os alemáns, cobramos menos, temos os mesmos días de vacacións e xubilámonos máis tarde.


De acordo coa organización internacional, que achega datos do 2009, a xornada media laboral no estado é de 1.653 horas anuais, fronte ás 1.389 de Alemaña. Neste país o salario medio elévase a 42.400 euros, practicamente o dobre que o noso (23.200), e que ninguén pense que a súa retribución non aumenta a cambio de vacacións: 24 días laborais en territorio xermano, fronte a 30 naturais.


Alemaña, por ser rica, non ten dereito a falar sen rigor e atropelar dereitos de miles de cidadáns da UE. Participe ou non nos rescates (rescates que sempre son interesados e nos que se establecen condicións leoninas para os traballadores dos países “rescatados”).

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript