maio de 2011
 
 

23/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Cada día máis indignados

A cousa comezou cunha gran manifestación que percorreu as rúas máis céntricas da cidade, pero era importante darlle continuidade á mobilización. A primeira noite quedaron cinco persoas “gardando o sitio”, o segundo xa eran trinta, a concentración xa foi de dúas ou trescentas persoas. Como agromaba o “cabreo” do persoal e as ansias de demostralo, as concentracións medraron até se converter en asembleas de dúas ou tres mil persoas que abarrotaron o Obelisco. En Ferrol (nesta foto) pasou algo semellante.

 

  • Noticias relacionadas

A medida que pasaban os días as posicións máis políticas foron aparecendo, o movemento que, en principio, espertaba máis receos e desconfianzas dentro da esquerda tradicional, comezou a ter que mirarse con outros ollos, de aí que se “ofrecesen”, a última hora, para capitanealo, dirixilo ou a participar nel. Mesmo o PSOE, nun acto máis da súa política hipócrita, quixo identificarse con el.

 

As concentracións, desde un primeiro momento, foron un exercicio de democracia, o/a que quería falar dicía o que pensaba e a concentración valoraba as palabras segundo o criterio persoal de cada participante, cada acto cada panfleto, posicionamento, acción foi votado e determinouse por maioría.

 

O seu nacemento, vinculado á resposta da situación actual que marxina da política á cidadanía á que se lle consulta cada catro anos sendo posteriormente marxinada cando non, en aras de intereses superiores, machicada con políticas que xeneralizan a precariedade, desemprego… os pronunciamentos, entre outros:

 

  • -          Contra os privilexios e corrupción da clase política,

  • -          Contra o bipartidismo ao que se considera antidemocrático reclámase a eliminación da Lei D’Hont,

  • -          Contra o paro,

  • -          Por uns servizos públicos de calidade,

  • -          Polo control das entidades bancarias, por unha fiscalidade progresiva e progresista que elimine as SICAV que controle de xeito efectivo a fraude fiscal e a fuga de capitais a paraisos fiscais.

  • -          Contra que a economía prime sobre os intereses e dereitos da cidadanía, contraria á maioría da poboación

  • -          Etc, etc, etc.

 

Fixeron que este movemento gañase en impulso social, de feito cando intentaron desaloxalos en Madrid (o estado, afeito a aplicar políticas represiva para manterse, non dubidou e aplicarllas, tamén a este movemento) propiciaron unha resposta masiva.

 

Estamos diante dun movemento que non se sabe até onde pode chegar, apoiámolo desde o seu comezo, pareceunos un xeito de resposta lícito e participativo, e por iso vos chamamos a actuar e comprometerse dentro del.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript