Número 84 - 23 de maio de 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    O movemento asembleario representa dentro do novo sindicalismo unha faceta esencial. Xunto coa decisión de non acollerse a subvencións que limiten a liberdade de acción sindical, as novas alternativas sindicais decatáronse de que era indispensable dar ao colectivo de traballadores/as a necesaria capacidade de tomar as decisións que lle van afectar.

    As asembleas son a expresión do noso modelo sindical, alternativo aos modelos burocratizados existentes.

UNIVERSIDADE

    O día 19 tivo lugar a reunión da Comisión de AAEE segundo a orde do día que se xunta.

    Como parte da Comisión eramos primeirizos, antes de comezar o desenvolvemento da sesión indicóusenos o proceder normal da dita Comisión. Parécenos interesante que o coñezades, aínda que moitos xa seguro que o sabedes ou supoñedes a súa actividade.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Despois das asembleas realizadas (por todos os traballadores dos servizos centrais da Xunta), os traballadores fixeron, a semana pasada, unha concentración diante dos edificios administrativos de San Caetano. A mobilización responde a manifestacións do presidente sobre a baixada dos soldos dos funcionarios ou a extensión da xornada laboral ás tardes, así como a opinións sobre o absentismo laboral deste colectivo que, segundo a xunta de persoal, é o mesmo que noutros colectivos laborais.

ECONOMÍA

    Os tópicos son difíciles de erradicar. Contradicindo o que di a chanceler, a OCDE revelou en abril que traballamos máis que os alemáns, cobramos menos, temos os mesmos días de vacacións e xubilámonos máis tarde.

LABORAL

    Galicia segue sen ser atractiva para os traballadores/as estranxeiros, isto é, tamén, un barómetro da calidade e cantidade de emprego existente na nosa nación. Sitúase deste xeito nos postos de cola nas preferencias destes traballadores.

ECONOMÍA

    Xa non te podes fiar de ninguén, até as institucións que parecían serias, e rodeadas dun halo de credibilidade acaban cheas de lixo si se investiga un pouco. Caixa Cantabria desvela agora que o SIP frustrouse tras coñecer a inspección do regulador

ECONOMIA

    O capitalismo pretende facernos crer que constitúe unha orde xusta, pola suposta razón de que cada cal obtén aquilo que merece. A boa ou a mala xestión xeran os beneficios ou as perdas. Polos erros ou os acertos pagan aqueles que os cometen, e o éxito ou o fracaso son froito do traballo ou da abulia. O certo é que nada disto é verdade, e case sempre os culpables dos desastres líbranse de toda responsabilidade.

MOBILIZACIÓN SOCIAL - 15 M

    A cousa comezou cunha gran manifestación que percorreu as rúas máis céntricas da cidade, pero era importante darlle continuidade á mobilización. A primeira noite quedaron cinco persoas “gardando o sitio”, o segundo xa eran trinta, a concentración xa foi de dúas ou trescentas persoas. Como agromaba o “cabreo” do persoal e as ansias de demostralo, as concentracións medraron até se converter en asembleas de dúas ou tres mil persoas que abarrotaron o Obelisco. En Ferrol pasou algo semellante.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - BOLOÑA
    "O público non quere dicir exactamente gratis" Angel Gabilondo, ministro de educación.

    Fai aproximadamente un mes os reitores das universidades galegas dicían que a universidade pública "debe garantir o acceso de todos aos estudos superiores", como ata agora, que "non" son tempos para incrementar prezos pola crise", e que a calidade do ensino non depende do cara que sexa cada institución académica.
 LINGUA

    Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco, do Servizo de Normalización Linguística da Universidade de Santiago de Compostela, prepararon estes vídeos divulgativos sobre o galego.
 ECONOMÍA
    Mentres que Zapatero corre raudo a aplicar as medidas que contra os traballadores se ditaminan desde o FMI, BCE e desde os espazos de poder político da UE, non é tan rápido á hora de aplicar as directrices que lle reclaman o control sobre as remuneracións dos altos cargos dos bancos, os culpables da crise.
 FMI - OUTRO INSULTO
    Este é o FMI que dita aos gobernos as receitas para liquidar os dereitos conquistados por duras loitas dos traballadores. Aí vai parar o recollido cos rescates USUREIROS para que pague o pobo Europeo e de todo o mundo. O FMI é unha asociación de gangsters para delinquir e roubar,para manter o statu Quo dos G20 e asegurarse o roubo ao resto do mundo sexa ao 90% da humanidade.
 LABORAL
    A pesar das críticas Telefónica executará os plans previstos, repartirá uns suculentos millóns de euros entre a súa cúpula directiva mentres que pola porta de servizo irá botando traballadores á rúa. Todo un exemplo da situación económica actual e un motivo máis de indignación.
 15 - M - Artigo de Isaac Rosa
    Se os manifestantes e acampados son antisistema, sono como o rebelde da canción de Jeanette, ao que o mundo fixera así. "Eu son antisistema porque o sistema me fixo así". É este sistema o que os expulsa. E despois de deixalos na rúa, agora pídelles que se vaian durmir á casa que non teñen.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript