maio de 2011
 
 

23/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Redúcense nun 6,13% os estranxeiros afiliados á Seguridade Social en Galicia

Galicia segue sen ser atractiva para os traballadores/as estranxeiros, isto é, tamén, un barómetro da calidade e cantidade de emprego existente na nosa nación. Sitúase deste xeito nos postos de cola nas preferencias destes traballadores.

 

  • Noticias relacionadas

 

No conxunto do estado, o número medio de estranxeiros afiliados aumentou en abril en 26.542, ata sumar 1.803.980 ocupados

O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia alcanzou os 36.738 en abril de 2011, o que supón un decrecemento interanual do 6,13%.

No conxunto do estado español, o número medio de estranxeiros afiliados aumentou en abril en 26.542, ata sumar 1.803.980 ocupados, o que supón o 10,35% dos 17.424.201 cotizantes do sistema, segundo datos difundidos polo Ministerio de Traballo e Inmigración.

Non obstante, respecto ao mesmo mes de 2010, o número de afiliados diminuíu en 46.389 traballadores (o 2,51% menos).

En abril, a cotización dos estranxeiros aumentou en todos os réximes.

Así, o xeneral sumou 1.162.183 adscritos (17.638 ocupados máis que en marzo); o agrario, 251.367 (4.381 máis); o do fogar, 181.816 (1.466 máis), o do mar, 4.992 (181 máis), e o do carbón, 597 (33 máis).

O Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) aumentou en 2.842 afiliados estranxeiros máis e alcanzou a cifra de 203.024 adscritos.

Dentro do réxime xeral, a hostalaría foi o sector con máis cotizantes estranxeiros, 255.063, seguido do comercio, reparación de vehículos de motor e bicicletas, con 195.417; a construción, con 146.238, e as actividades administrativas e servizos auxiliares, con 128.449 adscritos.

En canto á súa orixe, 672.051 afiliados procedían da Unión Europea, mentres que 1.131.929 tiñan outras nacionalidades.

Romanía foi o país que achegou ao sistema máis afiliados, con 294.700 ocupados, seguido de Marrocos, con 217.088; Ecuador, con 146.799, e Colombia, con 101.399.

Do total de cotizantes estranxeiros, 1.001.783 eran homes e 802.197, mulleres.

Na repartición Cataluña foi a nación con máis afiliados estranxeiros, 397.071 (o 22,01% do total), seguida de Madrid, con 385.587 (o 21,37%); Andalucía, con 226.663 (o 12,56%); e a Comunidade Valenciana, con 193.207 (o 10,71%)

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript