maio de 2011
 
 

16/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O Santander premia aos seus directivos con 485 millóns

Mentres que desde as esferas político económicas do estado se nos está xa advertindo de que haberá que inxectar outra partida de miles de millóns de euros á banca e as caixas de aforro, os culpables da crise non deixan de ingresar millóns e millóns de euros. Os xestores que provocaron a situación actual que leva á miseria a millóns de traballadores e traballadoras son premiados con cartos que, como non podía ser doutro xeito, sairán do peto dos máis desfavorecidos.

 

  • Noticias relacionadas

 

As novas recomendacións internacionais van facer que a retribución variable dos directivos do Santander estea máis condicionada e diferida no tempo, pero non por iso vai ser menos substancial. A xunta de accionistas do maior banco da zona euro aprobará o próximo xuño con case toda probabilidade catro plans de incentivos para os seus directivos que en total roldan os 485 millóns de euros.

O máis substancial é o chamado plan de retribución variable diferida e condicionada, do que se beneficiarán os 250 conselleiros executivos e altos directivos do banco. Este grupo percibirá un máximo de 165 millóns en accións e outros 165 millóns en metálico. O máis normal é que a cantidade final sexa algo inferior a eses 330 millóns, xa que é o tope que recibirían se se lograsen todos os obxectivos.

A novidade é que ese bonus correspondente ao 2011, en lugar de recibilo de maneira total no 2012, percibirano en parte ata o 2015. Unha medida coa que se busca que asuman menos risco. Dos 330 millóns, ata 35 millóns corresponderían ao presidente, Emilio Botín, ao conselleiro delegado, Alfredo Sáenz, e aos conselleiros executivos Francisco Luzón, Ana Patricia Botín, Matías Rodríguez Inciarte e Juan Rodríguez Inciarte.

Ademais, uns 6.500 directivos recibirán ata 155 millóns en accións no 2014.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript