maio de 2011
 
 

16/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Os Gobernos central e autonómico din descartar novos recortes salariais aos funcionarios

Pese aos insistentes rumores dunha nova rebaixa nos salarios dos traballadores e traballadoras da administración pública, tanto desde a Xunta como a secretaria de Estado para a Función Pública insisten en que non prevén máis recortes salariais na administración pública.

 

  • Noticias relacionadas

 

Non nos fiamos, en plena campaña electoral non poden proceder doutro xeito, a rumoroloxía sobre estas medidas viña avalada desde xornais económicos habitualmente ben informados.

Estamos preparados, xa posou do mesmo xeito a primeira vez que nos roubaron a carteira, desta vez non nos poden pillar de incautos. Tamén daquela, primeiro negaron os rumores, despois uns afirmaban que se ía descontar e outros negaban a medida, ao final quedámonos sen o 5% do salario.

Din, agora, que o salario está contemplado nos orzamentos xerais, sendo imposible o desconto, nin que o ano pasado non pasase exactamente o mesmo.

Os traballadores e traballadoras da administración pública somos vítimas dunha continuada e agresiva campaña de desprestixio que pretende separarnos do resto dos traballadores para, deste xeito, facer máis aceptables socialmente as medidas contra o noso colectivo. De ningún xeito son gratuítas as campañas dirixidas desde a Xunta que sitúan ao noso colectivo no ollo do furacán acusándonos de absentismo e de coller baixas inxustificadas.

O ataque contra o sector público non ten parangón, ao peche de servizos únense as privatizacións de servizos imprescindibles para os máis desfavorecidos, o que xunto coa diminución de persoal provocará que os servizos públicos carezan de eficacia, dirixíndoos cada vez máis á beneficencia.

Se de verdade queren combater a crise que tomen medidas contra os que a provocaron, non contra os que a padecemos,

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript