maio de 2011
 
 

16/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Reacciona!

“Seguindo o ronsel do libro Indignádevos! de S. Hessel.. “Reacciona é unha obra coral, coordinada pola xornalista Rosa María Artal, na que participaron representantes de diferentes xeracións e ámbitos profesionais: José Luís Sampedro, Federico Maior Zaragoza, Baltasar Garzón, Juan Torres López, Àngels Martínez i Castells, a propia Artal, Ignacio Escolar, Carlos Martínez Alonso, Javier López Facal, Javier Pérez de Albéniz e Lourdes Lucía. Como di Hessel, encargado aquí de prologar o tomo, “é tempo de democracia xenuína”; “é hora de actuar“.

 

 

“É unha falacia falar de crise financeira unicamente. A crise é política. A crise é do sistema de vida occidental“. Segundo Sampedro.

Como di Artal, “o sistema no que vivimos está gravemente enfermo“. O resultado é demoledor.

“Moitos economistas adiantaron o que ía ocorrer“, escribe Torres López. Pero as autoridades “cruzáronse de brazos” porque “o que buscaban non era servir aos intereses públicos senón ás grandes empresas“.

“O terceiro eixo refírese á responsabilidade dos medios de comunicación e o papel de novas ferramentas sociais. Para Rosa María Artal, os medios non conseguiron converterse en remedio “” contra a crise. O contrario: “O seu consigna prioritaria: trivializar, fabricar produtos alcanzables que rendibilicen o investimento”. Uns medios que se baleiraron de crítica e información e enchéronse de opinións e de notas de prensa dos partidos políticos, que se afixeron ás roldas de prensa sen preguntas“.

Entrevista en Radio3

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript