16/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Xunta deixa a reeducación dos menores cun pasado delituoso en mans de empresas privadas. A Consellería de Traballo e Benestar publicou no Diario Oficial de Galicia a licitación dun contrato para ceder a xestión de tres centros públicos a unha empresa por 3, 4 millóns de euros, co obxectivo de que esta se encargue da atención residencial destes “mozos infractores”, así coma da execución das medidas de reeducación ditadas por un xuíz. A esta concesión, sumase un anuncio para concertar outros cinco centros que leven a cabo esta mesma función por 604.500 euros.
A empresa adxudicataria que pase a xestionar
os centros Concepción Arenal, na Coruña, e o Monteledo en Ourense, deberán executar as medidas
xudiciais en réxime pechado, semiaberto ou aberto,
así como manter o servizo de asistencia os fins de
semana. Pola contra, o centro de Atención
Específica Montefiz, en Ourense, acollerá
internamentos terapéuticos de mozos conflitivos ou
para casos de adicións ou disfuncións físicas.
En total 88 prazas de menores aos que a empresa
adxudicataria deberá procurar unha alimentación
“equilibrada e variada”, ademais de vestiario
–sempre que os mozos non opten por utilizar a súa
propia vestimenta– ou “pagas de cartos de peto”,
que segundo explica a Xunta “estarán orientadas ao
mellor cumprimento das medidas que se establezan”.
Entre as condicións que esixe a Consellería de
Traballo é que a empresa acepte a “a alumnos
universitarios en prácticas das carreiras de
Educación Social, Traballo Social, Psicoloxía,
Pedagoxía, Psicopedagoxía e aquelas que teñan
relación co servizo”. Neste sentido, a Xunta tamén
establece que os centros Concepción Areal e
Monteledo dean traballo a 35 profesionais destes
campos cada un, mentres que no caso do centro de
Atención Específica de Montefiz, a empresa deberá
contratar a 39 persoas.
A Xunta destinará outros 604.500 euros para a
concertación doutros cinco centros –en A Coruña,
Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo– nos que os
menores maiores de 14 anos poidan cumprir coas
medidas “impostas nos xulgados de menores”.
Estes centros, nos que as adxudicatarias atenderán
en total a un máximo de 50 persoas, deberán
coordinar as medidas xudiciais, realizar as
funcións dun centro de día, dinamizar e implantar
programas educativos, acompañar, educar e orientar
no proceso de maduración dos mozos, axudar a
resolver situacións conflitivas entre adolescentes
ou reforzar o proceso educativo.
Traballo tamén establece diferentes parámetros que
deben cumprir os diferentes establecementos. Así, o
centro da Coruña deberá dar servizo a dez rapaces
cun persoal de 13 persoas. Pola contra, os catro
restantes atenderán ao mesmo número de menores pero
con menos da metade de persoal: tan só cinco. Neste
sentido, a Xunta establece que de oito da maña a
oito da noite deberá haber un educador no centro,
que estará localizable os fins de semana.
Un paso máis na
privatización da administración pública galega, o
PP, acabará privatizándoo todo. A idea que a
dereita e a socialdemocracia ten do público
plásmase día a día nas medidas que, desde o estado
e da comunidade se toman a este respecto.
Está claro que para os que gobernan a atención ao
cidadán e un elemento moi secundario, as decisións
que toma van por ese camiño. Ábrese, deste xeito,
un novo nicho de negocio para as empresas privadas,
iso si sempre a costa dos administrados que, a cada
paso, padeceremos uns servizos menos eficientes e
máis caros.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript