maio de 2011
 
 

16/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O IPC chega a niveis de 2008 e xa roza o 4%

O inicio da nova temporada de primavera–verán, que tirou dos prezos de vestido e calzado, é un dos principais factores que explican que a inflación se volva desbocar no mes de abril. O Índice de Prezos de Consumo (IPC) aumentou en Galicia un 1,3% no cuarto mes do ano con respecto ós trinta días anteriores, de forma que a taxa interanual xa roza o 4% –3,9%–, cifra á que non se chega desde finais de 2008.

 

  • Noticias relacionadas

 

Así o reflicten os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), onde se observa que a inflación acumulada alcanza o 1,1 por cento na comunidade galega. A escala estatal, a subida foi do 1,2% en termos mensuais e a taxa interanual elevouse ó 3,8%, evolución que o organismo achaca á subida dos alimentos e bebidas non alcohólicas e do lecer e cultura.  Os grupos que tiveron un comportamento máis inflacionista en Galicia con respecto a marzo foron o do vestido e calzado,

Cunha subida do 8,3 por cento, seguido a moita distancia polo de lecer e cultura, cun incremento do 1,4%. No polo oposto da clasificación destacan a medicina (-0,1%), as bebidas alcóholicas e o tabaco e o ensino, que permaneceron invariables.  Na evolución interanual, os grupos que máis se revalorizaron foron bebidas alcóholicas e tabaco (13,7%), vivenda (10%) e transporte (8,9%). Medicina (-0,7%), situouse á cola. En relacións cos índices provinciais, as que rexistraron unha maior suba en abril foron A Coruña (1,2%) e Pontevedra (1,3%).   En canto á variación interanual, Lugo é a que dá conta dunha suba menos acusada, cun 3,8% fronte ó 4% da Coruña e o 3,9% de Pontevedra e Ourense. 

Estes datos do IPC poñen de manifesto a progresivo empobrecemento de traballadores/as que, por un lado ou están na precariedade total, no paro ou non incrementaron salarios mentres que a carestía da vida, os prezos non deixan de medrar. Esta circunstancia deixa claro tamén que si o empresariado e os axentes económicos conseguen que os salarios deixen de ter como referencia os prezos (o IPC) repercutiría moi negativamente nos petos de traballadores e traballadoras. Agardamos expectantes o parto do novo pacto social sobre convenios. Non confiamos nos sindicatos gobernamentais que están nas mesas de negociación e temémonos que poden volver a traizoar á clase traballadora.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript