16/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Organización Internacional do Traballo (OIT) sostén que a perda de competitividade rexistrada pola economía do estado non se debe ao incremento dos salarios senón ao aumento dos prezos. Así se recolle nun informe realizado polo organismo, onde se destaca ademais que os salarios no estado apenas creceron durante a etapa de expansión económica, algo que si fixo a inflación.
Por iso o director
do informe Promover a creación de empregos de
calidade no estado español, Raymond Torres,
subliñou que «o obxectivo non é diminuír os
salarios senón que se axusten ao novo modelo
produtivo». Esta afirmación choca frontalmente coa
posición defendida polo Banco de España ou, ata
onte mesmo, polo presidente da CEOE, Juan Rosell,
que reclaman repetidamente moderación nas
retribucións.
Aproveita para darnos unha patada. Rosell defendeu
que os salarios deben ligarse «absolutamente» á
produtividade, xa que o IPC, ao que se referencian
actualmente, «quedou un pouco anticuado», este
eufemismo serve para xustificalo todo. As políticas
de defensa dos intereses de clase dos traballadores
e traballadores están, para estes individuos,
«anticuado» mentres que as restritivas, de
precariedade de despido gratuíto, de afortalar o
poder da plutocracia son agora a «modernidade».
Aínda así,, Raymond Torres pediu unha «reflexión a
nivel europeo» sobre a remuneración en sectores
como o financeiro, á que se referiu como un
«problema de xustiza social»
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript