Número 83 - 16 de maio de 2011
 
 
UNIVERSIDADE

    A Universidade decidiu, avalada pola aprobación dos orzamentos do ano 2011, onde, de xeito sibilino, introduciu esta medida, que as partidas destinadas á acción social pasaban ao Capítulo I.

    Dado que o intercambio de vacacións é unha das accións sociais máis demandadas polo PAS,o Comité de Empresa valorou, no seu momento, a necesidade de continuar con esa acción aínda que se lle reclamase á Universidade a xestión da mesma.

    Somos unha universidade con poucos anos de vida pero xa hai antecedentes aos que remitirse para moitos dos acontecementos. Non é a primeira vez que se convocan asembleas conxuntas, no seu momento non foron criticadas, todo o contrario puláronse polo interés xeral do colectivo de PAS e concluíron incluso, nunha convocatoria conxunta de paro.

UNIVERSIDADE

    Como denunciamos no Consello de Goberno a Xerencia pasa de cunprir a regulamentación vixente ao respecto da notificación ao Comité das baixas de traballadores, da evolución do emprego e da diminución de efectivos nalgún centro.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    No anterior xornal informamos da sentenza firme que obrigaba á Xunta ao abono dos trienios do persoal interino anteriores ao ano 2007.

    A Consellería négase a abonar estes complementos aos traballadores a no ser que estes o reclamen, diante do que estudarán a súa petición.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - PRIVATIZACIÓN

    A Xunta deixa a reeducación dos menores cun pasado delituoso en mans de empresas privadas. A Consellería de Traballo e Benestar publicou no Diario Oficial de Galicia a licitación dun contrato para ceder a xestión de tres centros públicos a unha empresa por 3, 4 millóns de euros, co obxectivo de que esta se encargue da atención residencial destes “mozos infractores”, así coma da execución das medidas de reeducación ditadas por un xuíz. A esta concesión, sumase un anuncio para concertar outros cinco centros que leven a cabo esta mesma función por 604.500 euros.

TRATADO DE SCHENGEN

    Promoven a libre circulación de capitais e mercancías. A deslocalización de empresas do primeiro mundo ao terceiro mundo é cada vez mais común. Pero é para xerar maiores ganancias, mais negocios para as grandes corporacións. É a colonización que continua. Os cidadáns non están contemplados no modelo capitalista e som o que menos importa.

LABORAL - ECONOMÍA

    Mentres que desde as esferas político económicas do estado se nos está xa advertindo de que haberá que inxectar outra partida de miles de millóns de euros á banca e as caixas de aforro, os culpables da crise non deixan de ingresar millóns e millóns de euros. Os xestores que provocaron a situación actual que leva á miseria a millóns de traballadores e traballadoras son premiados con cartos que, como non podía ser doutro xeito, sairán do peto dos máis desfavorecidos.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Pese aos insistentes rumores dunha nova rebaixa nos salarios dos traballadores e traballadoras da administración pública, tanto desde a Xunta como a secretaria de Estado para a Función Pública insisten en que non prevén máis recortes salariais na administración pública.

    Non nos fiamos, en plena campaña electoral non poden proceder doutro xeito, a rumoroloxía sobre estas medidas viña avalada desde xornais económicos habitualmente ben informados.

MOBILIZACIÓN SOCIAL

    Seguindo o ronsel do libro Indignádevos! de S. Hessel.. “Reacciona é unha obra coral, coordinada pola xornalista Rosa María Artal, na que participaron representantes de diferentes xeracións e ámbitos profesionais: José Luís Sampedro, Federico Maior Zaragoza, Baltasar Garzón, Juan Torres López, Àngels Martínez i Castells, a propia Artal, Ignacio Escolar, Carlos Martínez Alonso, Javier López Facal, Javier Pérez de Albéniz e Lourdes Lucía. Como di Hessel, encargado aquí de prologar o tomo, “é tempo de democracia xenuína”; “é hora de actuar“.

    
  •   
 
 LINGUA - 17 DE MAIO

    As galegas e os galegos festexamos no Día das Letras o feito de termos un idioma propio, milenario e fértil. Celebramos a lingua que nos une; a fala que herdamos e queremos deixar en herdo; a escrita que nos pensa, nos canta e nos soña.
 ECONOMÍA
    O 82 por cento das empresas do Ibex-35 teñen empresas filiais ou participadas en paraísos fiscais. O 18% restante ten entre os seus accionistas máis importantes compañías que están domiciliadas en paraísos fiscais, segundo afirma un informe do Observatorio da Responsabilidade Social Corporativa (RSC).
 ECONOMÍA - LABORAL
    Os que deseñaron as políticas que nos levaron á situación actual. Os que prepararon a reforma laboral, aplaudiron o pacto social, presionaron para que o estado se venda a anaquiños os que fixeron medrar as ringleiras de homes, mulleres, mozos e mozas polas oficinas de emprego alertan agora da pantasma dunha "xeración perdida" no estado español polo elevado desemprego entre a xente nova.
 TRAXEDIA EN MURCIA
    Está na falla máis activa do estado, pero carece de planos de sismo-resistencia •• O balance son nove mortos e 324 feridos, tres graves •• Os cidadans do estado "non están preparados para terremotos"
 LABORAL - CAE OUTRO MITO
    A Organización Internacional do Traballo (OIT) sostén que a perda de competitividade rexistrada pola economía do estado non se debe ao incremento dos salarios senón ao aumento dos prezos. Así se recolle nun informe realizado polo organismo, onde se destaca ademais que os salarios no estado apenas creceron durante a etapa de expansión económica, algo que si fixo a inflación.
 GALICIA - IPC
    O inicio da nova temporada de primavera–verán, que tirou dos prezos de vestido e calzado, é un dos principais factores que explican que a inflación se volva desbocar no mes de abril. O Índice de Prezos de Consumo (IPC) aumentou en Galicia un 1,3% no cuarto mes do ano con respecto ós trinta días anteriores, de forma que a taxa interanual xa roza o 4% –3,9%–, cifra á que non se chega desde finais de 2008.
 GRECIA - Artigo de Isaac Rosa
    Vexan o caso grego. No medio do rumor crecente de que o país acabará crebando, as axencias de cualificación rebaixan a nota da súa débeda ao nivel dos “bonos lixo”. Con todo estes días Grecia emitiu letras a seis meses, e vendeu máis do previsto. E aínda houbo quen se foi a casa sen a súa ración de lixo, pois a demanda triplicou a oferta: as peticións de compra chegaron a 4.500 millóns.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Vindeiras actuacións do Comité

    Mércores 19 reunión do Comité

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript