maio de 2011
 
 

16/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A maioría de países da UE apoia restablecer os controis fronteirizos internos

A gran maioría dos países mostraron o seu apoio a restablecer controis fronteirizos internos con obxecto de "frear" os fluxos migratorios. Pola súa banda, o Parlamento Europeo reprochou a Bruxelas ceder ao "populismo" de París e Roma, promotores da medida excepcional.

 

  • Noticias relacionadas

 

O portavoz de Sos Racismo do Estado español, Javier Ramírez, considera que os políticos europeos están "enfrontando aos cidadáns entre si só pola súa orixe" e advertiu de que "pode pasar que os avances da UE como espazo garantista de Dereitos Humanos veña abaixo" a consecuencia de discursos populistas e xenófobos.

Respecto diso da decisión de Dinamarca de pechar as súas fronteiras e o debate xerado sobre o tratado Schengen, Ramírez lamentou, en declaracións á axencia Europa Press, que "por desgraza, un instrumento que parecía seguro e que era un avance moi importante como o é a liberdade de circulación, viuse posto en dúbida por decisións electoralistas relacionadas coa situación no norte de África".

"A cidadanía está vendo que os políticos teñen este discurso xenófobo que está conseguindo enfrontar a uns cidadáns con outros pola nosa nacionalidade e orixe cando estamos nunha situación de crise na que o Estado de Benestar está en dúbida", sinalou.

Na súa opinión, "os políticos están inoculando esta perspectiva nos cidadáns" porque "pensar que 25.000 persoas pon en perigo a orde pública en países tan grandes como Italia ou Francia é desde logo unha manobra política".

"No medio prazo, pode pasar que os avances da UE como garantista de dereitos humanos veñan abaixo porque estamos vendo que Europa xa non quere ser terra de refuxio e que, ata entre os propios cidadáns, a nosa orixe vai ser un criterio para darnos unhas liberdades ou outras, cando levamos tanto esforzo para que sexa o contrario", engadiu.
________________________________________
Dereitos humanos en Europa: Schengen desmorónase por estreiteza de miras

Eurotopics.- Previo á reunión dos ministros do Interior da UE desatouse unha discusión acerca dos controis fronteirizos no espazo de Schengen. Dinamarca aprobou onte mércores novos controis debido ao medo aos inmigrantes ilegais provenientes de Europa do Leste, mentres que Francia e Italia temen polos inmigrantes do norte de África. A prensa defende a libre circulación e advirte sobre unha miope balcanización.

Promoven a libre circulación de capitais e mercancías. A deslocalización de empresas do primeiro mundo ao terceiro mundo é cada vez mais común. Pero é para xerar maiores ganancias, mais negocios para as grandes corporacións. É a colonización que continua. Os cidadáns non están contemplados no modelo capitalista e son o que menos importa.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript