16/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os que deseñaron as políticas que nos levaron á situación actual. Os que prepararon a reforma laboral, aplaudiron o pacto social, presionaron para que o estado se venda a anaquiños os que fixeron medrar as ringleiras de homes, mulleres, mozos e mozas polas oficinas de emprego alertan agora da pantasma dunha "xeración perdida" no estado español polo elevado desemprego entre a xente nova. Nas súas últimas perspectivas económicas sobre Europa, presentadas onte en Frankfurt, o FMI cualificou de "caso extremo" o nivel de desemprego xuvenil no estado. "En casos extremos como en España, case un de cada dous traballadores novos non ten emprego", co que aumenta a pantasma dunha "xeración perdida""
O FMI explica que o
desemprego "aumentou notablemente en países como o
estado español e Irlanda, onde se contraeu
severamente a actividade no sector da construción
despois de que explotase a burbulla inmobiliaria e
deixase sen emprego moitos traballadores con baixa
cualificación". Ademais, os traballadores con
contratos temporais soportaron a maior carga do
axuste e a taxa de desemprego a longo prazo
aumenta. Como consecuencia destes axustes na
poboación nova, o FMI prevé perdas de capital
humano, aumentos da desigualdade, o que supón unha
ameaza para a cohesión social e a estabilidade de
Europa. "España rexistra aínda unha significativa
corrección no mercado inmobiliario que dificultará
o consumo a curto prazo", segundo o FMI.
O organismo internacional prevé que o estado
crecerá un 0,8 % este ano e un 1,6 % o próximo,
dous e unha décima máis respectivamente do que
prognosticou en xaneiro.
No estado, as deprimidas perspectivas continúan
pesando nas decisións de investimento. Por un lado
recoñece a existencia dunha xeneración perdida pola
falta de emprego, po outro o FMI recoñece que o
fortalecemento das reformas, que provocan esta
situación, permitiron afastarse doutros países
periféricos da zona do euro a comezos de 2011. O
FMI destaca que nalgúns países como o estado
español e Grecia iniciouse unha guerra polos
depósitos comerciantes polo miúdo, que creou
presións insostibles nas marxes de interese. Tamén
fai fincapé na dependencia do financiamento do
Banco Central Europeo (BCE) de case todos os bancos
en Grecia, Irlanda e Portugal, así como das caixas
de aforro de aquí. Ao financiarse a través do BCE,
financiámolas entre todos e todas o que provocará
máis déficit público porque haberá que aportar máis
diñeiro as arcas do BCE.
O FMI reduciu en catro décimas a súa proxección de
déficit público para o estado español, que segundo
o organismo será do 6,2 por cento do PIB este ano,
fronte ó 6,6 por cento que prevía en xaneiro. O
rebaixe das espectativas repercutirá negativamente
en toda a esfera pública, se non se cumpren as
previsións asistiremos, unha vez máis e debido ás
políticas de aforro, á perda de peso do sector
público, podendo incluír neste paquete o salario
dos traballadores/as da administración pública.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript