maio de 2011
 
 

16/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A Universidade incumpre o Estatuto dos Traballadores

Como denunciamos no Consello de Goberno a Xerencia pasa de cunprir a regulamentación vixente ao respecto da notificación ao Comité das baixas de traballadores, da evolución do emprego e da diminución de efectivos nalgún centro.

 

  • Noticias relacionadas

 

Pasou na FCDEF e pasa agora co peche da OCV de Ferrol e da rescisión do contrato da persoa que a atendía até agora. Isto sabémolo de “segundas” informados polos que directamente sofren as consecuencias, outros “servizos” como os que se outorgan desde o SAPE sofren, periodicamente as carencias de persoal froito da inexistencia de convenios que faciliten as contratacións.

A prepotencia da Universidade non ten parangón, a normativa é algo a cumprir só cando interesa, cando non ou se sortea ou se incumpre directamente.

O a
rtigo 64 do Estatuto dos Traballadores. Dereitos de información, consulta e competencias. Establece:

1.
O comité de empresa terá dereito a ser informado e consultado polo empresario sobre aquelas cuestións que podan afectar aos traballadores, así como sobre a situación da empresa e a evolución do emprego na mesma, nos termos previstos neste artigo. Enténdese por información a transmisión de datos polo empresario ao comité de empresa, a fin de que este teña coñecemento dunha cuestión determinada e poida proceder ao seu exame. Por consulta enténdese o intercambio de opinións e a apertura dun diálogo entre o empresario e o comité de empresa sobre unha cuestión determinada, incluíndo, no seu caso, a emisión de informe previo por parte do mesmo. Na definición ou aplicación dos procedementos de información e consulta, o empresario e o comité de empresa actuarán con espírito de cooperación, en cumprimento dose seus dereitos e obrigas recíprocas, tendo en conta tanto os intereses da empresa como os dos traballadores.

 2. O comité de empresa terá dereito a ser informado trimestralmente:

c)Sobre as previsións do empresario de celebración de novos contratos, con indicación do número de estes e das modalidades e tipos que serán utilizados…

4. O comité de empresa, coa periodicidade que proceda en cada caso, terá dereito a:

b)Coñecer os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa así como os documentos relativos á terminación da relación laboral.

5. O comité de empresa terá dereito a ser informado e consultado sobre a situación e estrutura do emprego na empresa ou no centro de traballo, así como a ser informado trimestralmente sobre la evolución probable do mesmo, incluíndo a consulta cando se prevean cambios ao respecto.

Tamén, terá dereito a ser informado y consultado sobre todas as decisións da empresa que puideran provocar cambios relevantes en cuanto á organización do traballo e aos contratos de traballo na empresa. Igualmente terá dereito a ser informado e consultado sobre a adopción de eventuais medidas preventivas, especialmente no caso de risco para o emprego.

6. A información deberase facilitar polo empresario ao comité de empresa, sen prexuízo do establecido especificamente en cada caso, nun momento, dunha maneira e cun contido apropiados, que permitan aos representantes dos traballadores proceder ao seu exame adecuado e preparar, no seu caso, a consulta e o informe.

Como vedes sobran os exemplos para poder acusar á institución do incumprimento sistemático deste importante artigo do Estatuto dos Traballadores.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript