28/03/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Asembleas para recuperar a normalidade
Adianto que non fun á asemblea convocada na Coruña,
coincidíame co traballo. Entendo que os criterios utilizados
até agora eran, cando menos, escurantistas. Fun testemuña
directa dunha compañeira que estaba sancionada sen o
coñecemento do feito (sei por segundas persoas que tamén na
asemblea, polo menos de Ferrol, tamén había algunha). É
imprescindible que a claridade sexa a marca de funcionamento
e da xestión. Pediría que, para facilitar nalgunha medida a
asistencia do persoal que traballa pola tarde se fixera a
asemblea no Campus de Elviña no que, aínda que sexa no tempo
do café nos podemos acercar para coñecer de primeira man e
durante algún tempo o que se está a tratar.
Sempre asembleas.
Ás asembleas convocadas para o intercambio non
asistiu moita xente, isto non debe xogar en
contra da realización das mesmas, todo o
contrario. O PAS ten que ter a potestade de
decisión, se a delega debe ser porque, polos
motivos que sexan, así o decide non porque
desde as esferas superiores así llo determinen.
Eliximos aos representantes para que expresen
as nosas decisións diante do órgano
correspondente, non para que impoñan decisións
que non son nosas, aínda con voa vontade. Isto
entra dentro da esfera de ter o futuro nas mans
de cada un. Somos traballadores, cidadáns…, non
súbditos.
Menos muros e máis oportunidades
A necesidade de adoptar medidas de urxencia
para facer fronte ao que está sucedendo nas
fronteiras de Europa non debería ser
incompatible co compromiso de abordar as causas
que orixinan as migracións actuais.
Son as diferenzas socioeconómicas e políticas
entre países as que dan lugar a movementos
migratorios que dificilmente poden ser
cualificados de voluntarios. Para ser
controlados requirirían medidas que equilibren
a distribución da riqueza e garantan a
participación equitativa de todos os países nos
beneficios da globalización económica. Reducir
as diferenzas de desenvolvemento, democratizar
as sociedades de orixe, crear traballo decente
alí onde viven as persoas, son obxectivos
necesarios para que a emigración voluntaria,
como opción persoal, convértase nun novo
dereito humano ao comezar o terceiro lustro do
século XXI.
A receita para que nada cambie xamais
Botando unha ollada ás últimas enquisas
electorais, e á marxe da súa discutible
credibilidade, pode darse conta calquera de
como o votante mantén as súas preferencias de
voto independentemente das decisións e
actitudes dos políticos; se se destapa a
Gürtel, non importa, eses son dos meus; se o
PSOE fai políticas de dereitas, é igual, os
outros son peores.
É coma se o cidadán medio identificouse
previamente cunha posición determinada e todo o
que ocorra despois fose indiferente. Isto só
pode ser obxecto de xustificación por parte do
votante que necesita crer en algo e non pode
aceptar que lle enganaron unha vez máis, dado o
bo concepto que adoita ter de si mesmo.
E se a todo isto unímoslle o bipartidismo,
consecuencia dunha lei electoral propia da
timocracia que posuímos, así como do efecto
psicolóxico que iso xera e que leva á xente a
pensar que todo o que sexa votar algo máis alá
de PP e PSOE é tirar o voto, xa temos os
vimbios para que nada cambie xamais.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript