maio de 2011
 
 

09/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Este sistema non serve

A crise provoca unha estratificación máis evidente das clases sociais no estado español. A pobreza, por un lado cada vez vai sendo maior, tamén medran os ricos, desaparece esa clase intermedia na que unha gran parte dos cidadáns estaba instalada.

 

  • Noticias relacionadas

 

Aquilo da sociedade do benestar cada día é máis utópica porque a pobreza increméntase de xeito exponencial. O noso contorno social amosa cada día máis precariedade e o futuro vese con moito máis pesimismo.

Xunto con estas vivencias próximas lemos nos xornais que, os consellos de dirección das grandes empresas cada día que pasa incrementan as súas remuneracións, que as empresas que cotizan no IBEX son cada día máis ricas, que os grandes bancos gañan ao día, a pesares da recesión máis de 41 millóns de euros, que a bolsa do estado é, nos últimos anos, a que máis ganancias proporcionou. O capital especulativo, o que non produce nada, o que denominan eufemisticamente “mercados” gaña sen parar, móvese na crise como peixe na auga. Non lle importa destruír economicamente países, (aí están Grecia, Eire, Portugal…), e millóns de vidas se con iso incrementa as súas ganancias, para iso naceron eses conglomerados, para gañar por riba de todo, iso é o capitalismo,  a voracidade inhumana represéntada fielmente no comportamento destas quenllas financeiras.

Temos que conseguir que o capitalismo sexa un sistema do pasado, este sistema aos traballadores e traballadoras non nos serve. Fronte ao individualismo compañeirismo, fronte ao egoísmo solidariedade. Fronte á pasividade loita de clase!.

Dende a CUT facemos un chamamento á mobilización porque o problema non é a crise do capitalismo, o problema é o capitalismo mesmo. Dende a CUT pedimos a toda a clase obreira que reaccione contra un sistema que exclúe dunha vida digna á metade do planeta cando non ten problemas, e que ameaza coa pobreza ao resto cando descenden os seus beneficios ou quere gañar máis


 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript