maio de 2011
 
 

09/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Os recortes, para o PAS laboral

A revista U+S número 8 reflicte, en declaracións da propia institución, o que vimos denunciando desde fai tempo, mentres que para os colectivos da universidade non hai problema en incrementos salariais, aínda asinando os acordos no mes de xaneiro de 2011, para o PAS laboral teñen preparada unha pila de medidas restritivas que comezarán pola RPT. Unha RPT que, á vista da situación retrásase sine díe.

 

  • Noticias relacionadas

 

Queremos indicar que nos alegramos de que estes colectivos progresen e se beneficien de medidas que melloran as súas condicións económicas e sociáis, o que non entendemos e non aceptamos é que se castigue, se marxine e se desprecie a todo o colectivo de persoal laboral.

… “Barja explicou con datos o trato que está a recibir a universidade coruñesa a nivel financeiro, lembrando que é a que recibe o peor financiamento por estudante de todo o Estado. Ao tempo que asegurou que o actual equipo de goberno non escatimará esforzos no cumprimento das súas responsabilidades coa formación dos estudantes e coa investigación, amosou a súa esperanza de que as garantías de excelencia docente e investigadora non sufran un retroceso por culpa da irreflexión nas programacións orzamentarias das administracións.

As Universidades da Coruña, Santiago e Vigo subscribiron o II Convenio colectivo para persoal docente e investigador laboral do Sistema Universitario Galego, que afectará a algo máis de 2.000 traballadores das tres universidades galegas.

O acordo foi adoptado por unanimidade e asinado polos tres reitores e por representantes das centrais sindicais CIG, CCOO, UXT e CSIF, co obxectivo de “equiparar as condicións de traballo do persoal docente e investigador laboral das tres universidades na liña de reforzar o sistema universitario galego”, segundo expresou o reitor da Coruña, José María Barja. Neste novo convenio recóllense medidas de mellora salarial para os profesores e investigadores que tradicionalmente viñan sendo inferiores ao resto dos profesionais, sobre todo con respecto aos profesores e investigadores funcionarios. Ademais, desenvólvense polo miúdo temas de acción social, permisos e vacacións e por primeira vez inclúense no convenio os investigadores contratados por programas estatais autonómicos como Parga Pondal, María Barbeito, Ramón y Cajal e contratos predoutorais propios das universidades.

As propias centrais sindicais destacaron o carácter pioneiro do convenio, xa que “non todas as comunidades autónomas teñen un acordo semellante, en que se recollen importantes melloras salariais e laborais”, segundo indicou a secretaria da comisión negociadora e representante sindical, María Luísa Sánchez Simón.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript