09/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Se as primeiras partes non foron boas (pacto social), as segundas serán peores.
Patronal e sindicatos maioritarios xa
cociñaron o acordo sobre negociación colectiva, coa
escusa da campaña electoral non queren facelo
público até despois do 22 de maio.
Temos claro que desas negociacións non sairá nada
beneficioso para os traballadores e traballadoras.
Os postulados de partida confirman que os
sindicatos asumiron que a situación económica é
crítica e, como muleta do sistema que son,
prestáronse raudos a poñer, da súa parte, o que
faga falta para que aos empresarios e ao capital
non lle custe moito a saída.
O acordo sobre pensións (o pacto social) ten a súa
continuación no acordo sobre negociación colectiva.
Os “negociadores” acordaron retrasar a sinatura do
acordo para non interferir no desenvolvemento da
campaña electoral, sinal de que o “acordo” será tan
malo que temen cabrear a todo o colectivo de
traballadores e traballadoras do estado o que
redundaría nunha maior abstención ou nunha maior
radicalización do voto.
As urxencias que o goberno ten en arranxar este
tema como parte das políticas impostas desde os
grupos de poder capitalista e desde os dos gobernos
europeos que reclaman máis contención e sacrificios
no territorio do estado parece que, neste caso non
son suficientes para que o acordo xa pactado se
faga público.
Temos claro, desde o noso sindicato, que ás
negociacións non se pode ir coas mans baleiras, os
representantes dos traballadores, antes de
principiar as negociacións teñen que tensar as
forzas par sentarse na mesa de negociación abalados
pola mobilización e pola forza que da a unidade de
clase. Neste caso temos claro que o sindicalismo
que representamos está a anos luz do que
representan os sindicatos pactistas sabemos que a
opción sindical que representan só traerá, para a
clase obreira, máis retrocesos e desesperanza.
Pedimos a todos os traballadores e traballadoras
máis conscientes que se aproximen e se integren
dentro do sindicalismo asembleario e reivindicativo
que representa a CUT.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript