maio de 2011
 
 

09/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Naceu a primeira oficina privada de emprego

Xa o sabes, se queres traballar paga.

O xoves da semana pasada creouse a primeira rede de axencias privadas de colocación que nace ao amparo da recente reforma laboral.

 

  • Noticias relacionadas

 

O funcionamento da oficina privada de emprego non ten nada que ver coas antigas Empresas de Traballo Temporal (ETT), xa que a principal diferenza é que o traballador é contratado pola empresa, non pola axencia de emprego.

As axencias privadas de colocación poden ser persoas físicas ou xurídicas, independentes das autoridades públicas, que prestan diferentes servizos, xa que vinculan oferta e demanda de emprego e pon aos traballadores a disposición de terceiros ou outros servizos relacionados coa procura de emprego.

As axencias de colocación autorizadas poderán traballar "de forma independente", mediando directamente entre o traballador e o empresario ou ser consideradas entidades colaboradoras dos servizos públicos de emprego, segundo explicou o seu director xeral, polo que, neste caso, nin o empregador nin o parado deben abonar nada pola mediación.

A privatización dos servizos de emprego casa perfectamente coa política privatizadora dos gobernos neoliberais.

Nós, que somos radicais defensores do público, parécenos evidente que a intermediación debe facerse a través dos servizos públicos de emprego. Non hai nada máis denigrante que, cando máis o necesitas, cando non tes o elemento que sustenta o ben estar, o traballo, veñan os voitres a cobrar por algo que o propio estado está obrigado a proporcionar.

NON Á PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS DE EMPREGO.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript