maio de 2011
 
 

09/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Unha vez indignados, que vén despois?

“Cada vez hai máis motivos para que a sociedade se mobilíce, e os actos do Primeiro de Maio son dos primeiros”. -Ignacio Fernández Toxo, secretario xeral de CCOO-

 

  • Noticias relacionadas

 

 

 

Se xa andaba de capa caída o Primeiro de Maio, este ano encima coincidiu co comercial Día da Nai, que me temo mobiliza máis que aquel.

Por se non bastaba coa desmobilización e a división dos traballadores, ese día estivemos máis pendentes de levar flores a mamá que de saír á rúa polos nosos dereitos.

Tampouco axudaron moito á mobilización os sindicatos maioritarios, que coa súa política de agarrarse ao diálogo social custe o que custe, o seu incomprensible visto e prace á reforma de pensións, e a falta de continuidade na protesta tras a folga xeral, desconcertaron a moitos traballadores que si ven motivos para saír á rúa.

Busquei a columna que escribín fai xusto un ano, no anterior Primeiro de Maio, e nela recomendaba ir ás manifestacións co pano a man para chorar xuntos, porque a situación para os traballadores era entón de bágoa fácil. Vendo como nos foi desde entón ata aquí, case deberiamos dicir aquilo de “virxiña, que me quede como estou.”

Nun ano, dun maio a outro, caeunos encima unha reforma laboral, outra de pensións, e trescentos mil parados máis. E aínda pode ser peor, pois segue pendente a negociación colectiva, entre continuos chamamentos a unha moderación salarial que, en expresión do ministro de Traballo, debería durar lustros. Sobran os motivos, e con todo a mobilización segue sendo escasa e descontinua.

Todo o mundo fala ultimamente do libro do francés Hessel, Indignádevos, que polo visto se está vendendo moito, e espero que tamén lendo. A indignación púxose de moda, pero está visto que só con ela non imos moi lonxe. A ver se, unha vez todos indignados, vén alguén e dános a seguinte instrución, que ben podería ser “actuade”, ou ben “organizádevos”. Falta fainos.

Isaac Rosa 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript