Os gobernos, central e autonómico, no seu afán por reducir o déficit público a toda costa aplicaron medidas ultraconservadoras. Estas medidas implicaron, nun primeiro momento, a conxelación das actuais pensións e a diminución do 5% dos salarios dos traballadores/as da Administración.
Infórmase, nos xornais, que o Goberno de Zapatero estuda un novo axuste nos salarios dos traballadores e traballadoras da Administración Pública para os próximos exercicios. Segundo o último Programa de Estabilidade que o Executivo de José Luís Rodríguez Zapatero enviou a Bruxelas, as tres administracións terán que impulsar un axuste extra na remuneración dos seus funcionarios e do seu persoal laboral para cumprir coas esixencias da Comisión Europea.
Este ano pillounos o touro. Aínda non tomara posesión a nova Xunta de Persoal e xa estabamos metidos no “fregado”.
Como sabedes todos/as, os orzamentos do ano 2011, aprobados co único voto en contra do noso representante, determinan que os cartos destinados á acción social pasasen ao Capítulo I do orzamento. Isto ocasiona que a participación nos programas de acción social sexan considerados como pagos en especie, á hora da realización da declaración da renda.
A decisión da USC ven precedida da denuncia de Asociacións de Enxeñeiros Industriais do estado e pola Universidade da Coruña. A guerra polos títulos, forma xa parte da campaña electoral. O alcalde de Lugo, José López Orozco, pediu aos lucenses que salgan na defensa do máster de Enxeñería Industrial que se imparte na facultade de Ciencias, dado que «favorece aos alumnos de Lugo e supón unha aposta polo coñecemento».
Se as primeiras partes non foron boas (pacto social), as segundas serán moito paores.
Patronal e sindicatos maioritarios xa cociñaron o acordo sobre negociación colectiva, coa escusa da campaña electoral non queren facelo público
até despois do 22 de maio.
Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e amizades. Xente que traballa arreo todos os días para vivir e darlles un futuro mellor a quen nos rodea.
Todas e todos estamos preocupados, indignados polo panorama político, económico e social que vemos arredor de nós. Pola corrupción da clase política, empresarial e da banca… pola indefensión da cidadanía de a pé.
A Fundación de Caixas de Aforros (Funcas) empeorou as previsións do Goberno sobre o desemprego para este ano e o seguinte, segundo consta no seu último informe publicado onte. Nel estima que a taxa media de paro para este exercicio aumentará até o 20,7% e non baixará do 20,5% en 2012. O Executivo de José Luís Rodríguez Zapatero estima, segundo as súas novas previsións, que o desemprego será do 19,8% en 2011 e que baixará ao 18,5% o próximo exercicio. Aínda que máis optimistas que as de Funcas , as previsións actualizadas de Moncloa supoñen un empeoramento respecto das difundidas anteriormente.
Xa o sabes, se queres traballar paga.
O xoves da semana pasada creouse a primeira rede de axencias privadas de colocación que nace ao amparo da recente reforma laboral.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript