09/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A decisión da USC ven precedida da denuncia de Asociacións de Enxeñeiros Industriais do estado e pola Universidade da Coruña. A guerra polos títulos, forma xa parte da campaña electoral. O alcalde de Lugo, José López Orozco, pediu aos lucenses que salgan na defensa do máster de Enxeñería Industrial que se imparte na facultade de Ciencias, dado que «favorece aos alumnos de Lugo e supón unha aposta polo coñecemento».
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) decidiu que o ano vindeiro non vai dar cabida ao novo Máster de Enxeñería Industrial da Facultade de Ciencias de Lugo, denunciado ante os tribunais pola Universidade da Coruña (UDC) e a Federación de Asociacións de Enxeñeiros Industriais. Isto é así porque a USC decidiu suspender de forma temporal este título, polo que o próximo curso non o ofertará para alumnos de novo ingreso, aínda que os que xa estean matriculados si poderán finalizar os seus estudos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript