Agosto de 2010
 
 

28/03/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Non se pode agardar máis
A señora xerenta e o equipo de goberno están a xogar ao can e ao rato con nós. Esconde a RPT sen importarlles que detrás desa actitude haxa traballadores que estamos moi afectados pola súa ineptitude e inacción. Os que estamos con contratos de 3+3 somos un pequeno grupo de traballadores pero non por iso deixamos de ter tripas, corazón entrañas e familia. Somos como todos os demais, traballamos como todos os demais pero sabemos que a nosa contratación ten sentenza de morte aos 6 meses. Isto solucionaríase coa RPT, a partir de que os nosos postos de traballo aparezan nela os contratos poderán ser de interinidade o que no dará, dentro da precariedade, unha estabilidade que agora nin por asomo temos. FORZA.

 

Témolo claro
Afórrase co PAS laboral o que se dilapida en accións moito menos necesarias. As obras continúan a todo meter na UDC, a externalización de servizos parece imparable. Deberiannos dicir como a Universidade mantén a súa presenza nas redes sociais. Tamén está este asunto en mans privadas?.

 

A verdade das cifras do paro
Cos datos do paro hai que facer como cos contratos dos bancos: lerse moi ben a letra pequena, que adoita ser a máis relevante.
A teórica baixada do paro no mes de abril de 64.000 persoas, anunciada aos catro ventos por Zapatero é en realidade unha subida do paro de 7.110 persoas se descontamos o efecto da Semana Santa, que este ano caeu tan tarde. Esta subida desestacionalizada do paro, convenientemente escondida entre a maraña de cifras ministeriais, indica que a tendencia de fondo do desemprego é a seguir subindo e non a baixar. Máis aló do que diga este eterno de “videntes” e anunciadores de brotes verdes chamado Zapatero.


O que nos ensinou Fukushima
Coa crise nipona queda demostrado que os conceptos de “seguridade” e “nuclear” son opostos. Resulta evidente que os cálculos de resistencia das centrais foron pasados por un medio físico que, en ocasións como esta, pode ser tan virulento. Ademais, existe unha desproporción entre os beneficios que producen as centrais en relación coas ameazas que xeran.
Nada xustifica a existencia dunhas instalacións que para xerar electricidade crean un escenario de risco e incerteza inadmisible para o conxunto da sociedade.
O argumentario pronuclear resulta feble. Din que a enerxía nuclear é barata. Falso, o desenvolvemento e mantemento das centrais é carísimo e o custo social en caso dun problema grave supera con fartura calquera beneficio.
A enerxía nuclear é limpa. Falso, novamente. Como se pode soster iso cando a industria nuclear xera residuos de alta intensidade cuxa vida contaminante é de miles de anos?
A enerxía nuclear fainos máis independentes enerxeticamente. Resulta ridículo manter isto cando é ben coñecido que tanto para a súa construción como para o seu mantemento, recarga e tratamento de residuos necesitamos investir xigantescas cantidades en convenios con outros países



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript