maio de 2011
 
 

02/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Xornadas contra a Xunta de Accionistas de Universia, que se realizará o 12 de Maio en Zaragoza

O vindeiro 12 de Maio Universia, Fundación do Banco Santander, realizará a súa XI Xunta de Accionistas en Zaragoza coa presenza de Emilio Botín.

QUE OS BANCOS NON DECIDAN O FUTURO DA UNIVERSIDADE!

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Universia é unha rede de colaboración universitaria creada polo Banco Santander no ano 2000 para impor os seus criterios sobre a educación superior e que pretende adaptar a universidade ás necesidades do mercado, ou como din eles, “achegar ás universidades ao mundo empresarial”. Esta rede está presente en 23 países iberoamericanos e ten presenza nunhas 1169 universidades. No estado español, os reitores das universidades, como accionistas de universia, reúnense todos os anos nunha Xunta Xeral de Accionistas para decidir os plans estratéxicos a seguir durante os próximos meses.

Neses días, celebrarase tamén a asemblea xeral de Rede Emprendia (“Rede Universitaria Iberoamericana de Incubación de Empresas”) e unha reunión do Consello Asesor Internacional de Universia. Entre outros, acudirán á xunta xeral Emilio Botín, presidente de Banco Santander, Federico Gutiérrez-Solana, presidente da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), José Antonio Villasante Cerro, director xeral da División Global Santander Universidades, e Jaume Pagés, conselleiro delegado de Universia.

As decisións que se toman ás costas da sociedade e ás costas da comunidade educativa están baseadas nos principios económicos que veñen impostos desde instancias tan afastadas como a Organización Mundial do Comercio, o Banco Mundial e por suposto a UE co recentemente asinado Tratado de Lisboa, que persegue facer de Europa a rexión máis competitiva do mundo baseada no coñecemento, como a denominan eles: sociedade do coñecemento. Xa que logo, culpamos aos empresarios e aos políticos cómplices que en organismos internacionais toman decisións que benefician a uns poucos por encima da poboación.

Como resposta a esta reunión organizáronse unhas Xornadas contra Universia, contra a Privatización da Universidade e contra os plans de axuste neoliberais.

4 MAIO mércores, 19h. Aula Magna de Filosofía e Letras:
Aberto por reformas: Plans de axuste, estudantes e universidade"
por Héctor Martínez (ASSI).

5 MAIO xoves, 19h. Aula Magna de Filosofía e Letras:
"Que universidade queremos? Valor de cambio e valor de uso dos estudos universitarios"
por César Cascante (Universidade de Valencia).
Ademais serán recibidos cunha Concentración.

CONCENTRACIÓN
12 MAIO 11*H.
PARANINFO.
CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA UNIVERSIDADE.
QUE OS BANCOS NON DECIDAN O TEU FUTURO.

Non podemos permitir que se saian coa súa, por iso dicímoslles:

QUE A EDUCACIÓN NON SE MERCANTILIZA, QUE A UNIVERSIDADE NON SE PRIVATIZA E QUE OS QUE FORMAMOS PARTE DELA, NON SEREMOS EXPLOTADOS. NON SODES BEN RECIBIDOS, NIN SE LLES QUERE NIN SE LLES NECESITA.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript