02/05/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Escola Politécnica Superior de Ferrol, mostrouse contraria desde o principio á implantación do título na cidade das murallas. A este rexeitamento sumáronse tamén a Universidade da Coruña (UDC) e a Federación de Asociacións de Enxeñeiros Industriais de España, que non só solicitaron á Xunta que retirase o máster, senón que ademais o denunciaron nos tribunais, por considerar que non se axusta á legalidade nin ofrece garantías de calidade método.
As hostilidades iniciáronse o pasado 4 de abril por parte do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros, que presentou dúas denuncias ante o director xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación e ante o conselleiro de Educación da Xunta contra o cadro de profesorado que a USC asignou para impartir o Máster de Enxeñería Industrial en Lugo, por consideralo "inadecuado" e "supostamente ilegal" nalgún dos casos. Destacaban nas denuncias que, "dos 22 docentes" que impartían as materias dos estudos de Enxeñería Industrial neste curso académico, "só un posúe a titulación de Enxeñeiro Industrial", e materias como Tecnoloxía Eléctrica eran impartidas por profesorado da área de coñecemento de Enxeñería Agroforestal.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript