maio de 2011
 
 

02/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A esperar sentados

“Serán necesarios moitos anos antes de que as cousas volvan estar ben en España a pesar de que o goberno fai o correcto.” -Informe “Perspectivas Mundiais” do FMI-

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Un intenta ser optimista, pero a realidade empéñase en contaxiarnos o seu pesimismo. Levamos un refacho na que acumulamos novos problemas sen lograr resolver os que xa temos, que se *estancan, se cronifican ou deixan para outro ano a saída.

Fagan a proba, tomen os principais asuntos das últimas semanas, e xa verán que panorama. A economía mundial? Aí segue, tras tres anos de crise e sen que se vexa aínda aquela luz ao final do túnel da que levamos anos oíndo falar. Non hai informe gobernamental, de organismo institucional ou de expertos que non aprace a recuperación un par de aniños como pouco, e iso vendo a botella medio chea.

O paro? Outro tanto. Polo momento subimos aos cinco millóns. O goberno presentou fai un par de semanas o seu escenario macroeconómico para os próximos anos, e segundo as súas previsións podémonos dar cun canto nos dentes se dentro de catro anos logramos baixar dos catro millóns de parados, a un ritmo que nos permitirá chegar ao pleno emprego nun par de séculos.

A guerra de Libia? Cara alá foise a OTAN cos seus avións, pensando que Gadafi sairía fuxindo coas primeiras bombas e os rebeldes #dar un paseo coa cobertura área, e xa nos están advertindo que vai para longo. Se pensamos na capacidade de supervivencia de Gadafi, que xa sabe o que é vivir como un paria mundial, e na incapacidade da OTAN para cambiar de estratexia cando non funciona -como en Afganistán-, pode ir para moi longo.

Fukushima? Aí seguen os heroicos traballadores, que case non poden achegarse, e a empresa propietaria da central di que espera controlar a situación nun prazo de seis a nove meses, prazo que nos tememos será revisado en pouco tempo, vista a traxectoria informativa dos nucleares xaponeses.

Pois vaia temporadiña que nos espera: a previsión é que dentro dun ano sigamos en crise económica, con paro estratosférico, en guerra con Libia e con varios reactores botando merda

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript