maio de 2011
 
 

02/05/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A taxa de paro galega supera o 17%, con 23.000 parados máis

O número de desempregados en Galicia, segundo a EPA, é de 226.500 persoas, o que supón un incremento do 11,3 % en relación co trimestre anterior.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O número de parados en Galicia incrementouse en 23.000 persoas no primeiro trimestre do ano 2011 en relación co trimestre anterior. Con este aumento, a taxa de desemprego alcanzou o 17,33%, mentres que, o volume total de desempregados na nosa nación situouse nos 226.500, segundo informou o  Instituto Nacional de Estatística (INE), situándose como a terceira na que máis medrou o paro a nivel do estado.

Por municipios, das sete grandes cidades de Galicia, Santiago de Compostela é a que presentou a maior taxa de ocupación ao finalizar marzo (53,7%) e, por contra, Ferrol situouse coa porcentaxe menor (43,8%). Pontevedra e Vigo, pola súa banda, rexistraron as maiores taxas de paro (20,8%).

En termos interanuais, a EPA recolle unha subida de 25.900 parados en Galicia nos últimos 12 meses, o que supón un 12,92% máis --en relación co primeiro trimestre de 2010--.

Pola súa banda, o número de ocupados galegos no último ano baixou en 16.4000 persoas, que representan un 1,5% menos que o dato do tres primeiros meses do exercicio anterior.

No conxunto do estado, o número de parados aumentou en 213.500, co que a taxa de desemprego rexistrada é do 21,29% situándose o paro, de xeito oficial, en preto dos 5.000.000 de traballadores e traballadoras paradas.

Por outra parte,o número de fogares galegos con todos os seus membros desempregados sobe en 7.500, co que alcanza xa as 69.400 vivendas, o que manifesta claramente que o índice de pobreza increméntase de xeito exponencial.

O paro, a precariedade e a pobreza son o resultado da “solución” que as políticas dos gobernos neoliberais estatal e autonómico lle están a dar á crise. Crise que estamos a pagar na súa totalidade a clase obreira. En Galicia, de novo, as maletas volven a ter que utilizarse non para gozar dunhas plácidas vacacións senón para emigrar, unha vez máis os galegos e galegas, sobre todo a mocidade, vese na obriga de buscar noutros países o que non atopa no seu, o traballo.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript